El Diario de Orense
El Diario de Orense foi un periódico editado en Ourense entre 1914 e 1928.
El Diario de Orense | |
---|---|
Fundación | 1914 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Ourense |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Periódico de intereses generales y locales (tamén figuraba Periódico de mayor circulación de la provincia), apareceu o 6 de xaneiro de 1914.[1] Fundado por Heraclio Pérez Placer que tamén o dirixiu nalgunha etapa, o seu primeiro director foi Hermenegildo Calvelo,[2] e despois Francisco Álvarez de Nóvoa e Ramón Villarino de Sáa. Foi redactor-xefe Antonio Couceiro Freijomil (na etapa en que estivo dirixido por Francisco Álvarez Nóvoa) e nel colaboraron Luís Madriñán Megid, Ricardo Goyanes Melgarejo, Eugenio López Aydillo, Aurelio Ribalta, Francisco de Cossío, Felipe Pedreira e Juan Barcia Caballero. Era un diario de tendencia conservadora-bugallista que se enfrontou en numerosas ocasións ao diario liberal La Voz Pública. Contiña novas locais e provinciais de carácter xeral, artigos variados e anuncios. Incluíu poemas en galego, unha sección satírica denominada "Picotazos", "Galicia histórica" da autoría de Couceiro Freijomil e "Biografías Gallegas" escrita por Manuel Molina Mera. Cesou a súa edición en 1928.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. ISBN 84-505-5721-6.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.