Felipe Pedreira

profesor e xornalista galego

Felipe Pedreira Deibe, nado en Cuenca cara a 1896, foi un profesor e xornalista galego.

Infotaula de personaFelipe Pedreira
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata (127/128 anos)
Cuenca, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAraceli Ancochea Roldán Editar o valor em Wikidata
PaiLeopoldo Pedreira Taibo Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 349484

Traxectoria editar

 
Álvaro das Casas e Felipe Pedreira (sentados) en Ourense, 1920.

Fillo de Leopoldo Pedreira Taibo, criouse na Coruña onde fixo o bacharelato. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor da Academia Católica da Coruña. En 1918 foi nomeado, por oposición libre, profesor numerario de Xeografía da Normal de Ourense.[1] Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Ourense. En 1932 pediu a excedencia voluntaria,[2] e dous anos despois foi nomeado profesor numerario de Xeografía da Escola de Maxisterio de Lugo.[3] En decembro de 1949 volveu á Normal de Ourense por dereito de consorte.[4] Colaborou en El Diario de Orense, La Región, Vida Gallega, El Ideal Gallego, El Progreso e Alborada.

Publicou Apuntes de Historia de España (Hasta la unión definitiva de Castilla y Aragón).

Vida persoal editar

Casou en 1921 con Araceli Ancochea Roldán,[5] e foi pai de Román, María del Carmen e Toñita Pedreira Ancochea.

Notas editar

  1. El Ideal Gallego, 28-6-1918, p. 1.
  2. El Ideal Gallego, 17-9-1932, p. 3.
  3. El Pueblo Gallego, 18-7-1934, p. 4.
  4. BOE, 29-11-1949, p. 4988.
  5. La Región, 26-10-1921, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar