Araceli Ancochea
Araceli Ancochea Roldán, nada no Barco de Valdeorras en 1893 e finada en Madrid o 5 de xaneiro de 1991, foi unha profesora e pianista galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1893 O Barco de Valdeorras, España |
Morte | 5 de xaneiro de 1991 (97/98 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | profesora universitaria , pianista |
Familia | |
Cónxuxe | Felipe Pedreira Deibe |
Traxectoria editar
Estudou no Real Conservatorio Nacional de Música de Madrid, onde foi discípula do Mestre Bretón que a considerou como a mellor alumna de piano e declamación. Obtivo o primeiro premio de piano e harmonía do Conservatorio Nacional de Música en 1909.[1] Foi profesora de música da Escola Normal de Maxisterio de Ourense. Catedrática en Cuenca e en Ourense dende 1916 ata a súa xubilación en 1963. Pasou tempadas en Cuenca, onde ofreceu concertos, destacando un na Catedral no que interpretou a Alborada de Veiga. Pasou os últimos anos da súa vida en Madrid, onde finou o 5 de xaneiro de 1991.[2] Foi soterrada na Sacramental de San Justo.
Recoñecementos editar
Unha rúa de Ourense leva o seu nome.[3]
Vida persoal editar
Casou en 1921 con Felipe Pedreira Deibe,[4] e foi nai de Román, María del Carmen e Toñita Pedreira Ancochea.
Notas editar
- ↑ El Diario de Pontevedra, 28-6-1909, p. 2.
- ↑ Necrolóxica en ABC, 10-1-1991, p. 88.
- ↑ Una calle para Araceli Ancochea
- ↑ La Región, 26-10-1921, p. 2.