Leopoldo Pedreira Taibo

profesor, escritor e xornalista galego

Leopoldo Pedreira Taibo, nado na Coruña o 4 de agosto de 1869 e finado na mesma cidade o 12 de setembro de 1915,[1] foi un profesor, escritor e xornalista galego.

Leopoldo Pedreira Taibo
Nacemento4 de agosto de 1896
 A Coruña
Falecemento12 de setembro de 1915
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónprofesor, escritor e xornalista
FillosFelipe Pedreira Deibe
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado e doutorado en Filosofía e Letras pola Universidade de Madrid. Aos 25 anos obtivo unha cátedra de Instituto e foi profesor de Xeografía e Historia en San Cristóbal de La Laguna, Baeza, Cuenca e dende 1907 na Coruña. Sendo estudante colaborou en La Voz de Galicia; en Madrid foi redactor da Revista Contemporánea e da Ilustración Nacional e colaborou en Unión Católica, La Justicia e El Globo; en Canarias dirixiu Diario de La Laguna, El Lagunero e Aguerre; en Cuenca foi un dos fundadores de Las Noticias e colaborou en El Progreso Conquense, Correo Católico e Juventud; na Coruña foi asiduo colaborador de La Voz de Galicia, Galicia Solidaria, Tierra Gallega e El Eco de Galicia. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

ObrasEditar

EnsaioEditar

  • Concepto de la patria, 1892.
  • El Regionalismo en Galicia, 1894.
  • Lo que es Bilbao y lo que podrá ser a finales de siglo, 1902.
  • La enseñanza de la Geografía, lo que es y lo que debe ser en España, 1903.
  • ¿Verdes o negros?, 1909.
  • Ensayo de antología geográfica, 1910.
  • Rudimentos de Geografía. Primera parte. Preliminares y Europa, 1911.
  • Rudimentos de Geografía. Segunda parte. América, Asia, Australia, Polinesia, geografía comparada y sintética, 1914.
  • Descripción de España. Nociones elementales de geografía nacional, 1915.
  • Cuadros de historia Universal, 1914.

PoesíaEditar

  • Desde la terraza, 1912.

RecoñecementosEditar

  • Cruz de Afonso XII.

Vida persoalEditar

Casou con Luciana Deibe e foi pai de Felipe Pedreira Deibe.

NotasEditar

  1. El Eco de Galicia, 13-9-1915, p. 1.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar