Cuenca, España
Coordenadas: 40°4′N 2°9′O / 40.067, -2.150
Cuenca[1] é unha cidade de España, pertencente á comunidade autónoma de Castela-A Mancha. É a capital da provincia de Cuenca e está situada na confluencia dos ríos Xúcar e Huécar, que forman profundos canóns. En 2008 a súa poboación era de 54.600 habitantes, sendo a sexta cidade de Castela-A Mancha.
Cuenca | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| ||||||||||
Localización | ||||||||||
País | ![]() | |||||||||
Comunidade Autónoma | ![]() | |||||||||
Provincia | Cuenca | |||||||||
Comarca | Serranía Media | |||||||||
Xeografía | ||||||||||
Altitude | 686 msnm | |||||||||
Superficie | 911,06 km² | |||||||||
Demografía | ||||||||||
Poboación | 56.189 hab. (2010) | |||||||||
Densidade | 61,67 hab./km² | |||||||||
Xentilicio | conquense | |||||||||
Outros datos | ||||||||||
Código postal | 16000 | |||||||||
Alcalde | Juan Ávila (PSOE) | |||||||||
www.cuenca.es |
XeografíaEditar
A cidade divídese en dúas zonas ben diferenciadas: a cidade antiga, situada sobre un cerro rochoso bordeado polas fouces do río Xúcar ao Norte e o seu afluente o río Huécar ao sur, desembocando este último no primeiro na parte baixa da cidade antiga, pouco antes do chamado Ponte de San Antón. Ao oeste e sur da cidade antiga, e separada polo río Huécar, esténdese a cidade nova en dirección norte-sur. A altitude da cidade oscila entre os 920 metros da cidade nova e os pouco máis de 1.000 da parte máis alta da cidade antiga.
ClimaEditar
O clima de Cuenca é mediterráneo continental, con temperaturas frías no inverno e suaves no verán, cunha importante oscilación térmica diaria durante todo o ano, máis acusada nos meses de máis calor. As precipitacións son máis abundantes que na súa contorna debida á orografía montañosa da Serranía de Cuenca, polo que se superan os 500 mm. presentando un mínimo de choivas nos meses de verán.
1971?2000 | xan | feb | mar | abr | mai | xuñ | xul | ago | set | out | nov | dec | TOTAL |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Temp. máxima (°C) | 9,4 | 11,4 | 14,2 | 15,7 | 20,1 | 25,9 | 30,7 | 30,3 | 25,5 | 18,6 | 13,1 | 10,0 | 18,8 |
Temp. mínima (°C) | -0,7 | 0,2 | 1,7 | 3,9 | 7,6 | 11,7 | 14,7 | 14,8 | 11,3 | 6,8 | 2,7 | 0,7 | 6,3 |
Precipitacións (mm) | 45 | 41 | 32 | 56 | 60 | 44 | 15 | 17 | 37 | 53 | 49 | 58 | 507 |
As marcas de temperatura rexistrados no Observatorio de Cuenca son os 39,6° do 30 de xullo de 1981 e os -17,8° do 3 de xaneiro de 1971.
HistoriaEditar
Non se coñece con precisión a orixe histórica da cidade. No século IX existía unha fortaleza árabe, denominada Conca, e dependente do emirato de Valencia, xa na época dos reinos taifas, e que, posteriormente pasou ao poder do rei sevillano Al-Maramit. Logo caeu dentro do dominio almorábide. Foi tomada por Afonso VIII en 1177. Foi Afonso X quen concedeu o título de cidade a Cuenca.
Durante a Guerra de Independencia española foi asediada e saqueada polas tropas francesas; sorte que tamén correu durante a Terceira Guerra Carlista en 1874.
Lugares de intereseEditar
Cidade histórica fortificada de Cuenca | |
---|---|
Vista da parte alta de Cuenca | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Localización | 40°04′35.8″N 2°07′54.3″O / 40.076611, -2.131750 |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, V |
Inscrición | 1996 (20ª Sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 781 |
A parte amurallada de Cuenca foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Cabe destacar entre os monumentos desta cidade:
- Catedral;
- Casas Colgadas, nunha das súas casas ten a súa sede o Museo de Arte Abstracta Española;
- Ermida da Virxe das Angustias;
- A ponte de San Pablo desde onde se poden ollar ben as Casas Colgadas, xunto ao Parador de Turismo de Cuenca.
Entre os varios edificios relixiosos destacan o Seminario, a igrexa de San Pedro, as ruínas da Igrexa de San Pantaleón, as ruínas do castelo co Arco de Bezudo, o convento de San Paulo -hoxe Parador nacional-, a igrexa da Santa Cruz, a igrexa de San Felipe Neri, a igrexa de San Andrés, a igrexa do Salvador, a igrexa de San Antón e a igrexa de San Nicolás.
FestasEditar
- Festas de San Mateo, do 18 ao 21 de setembro (declarada de interese turístico rexional). Son as festas que rememoran a conquista de Cuenca por Afonso VIII de Castela. Nestes días as penas enchen as rúas de casco antigo da cidade de colorido, música e a tradicional "zurra", unha bebida feita a base de viño, froitas e outros segredos. Tamén corren vaquillas na Praza Maior.
- Semana Santa de Cuenca[3][4], declarada de Interese Turístico Internacional.
- Feira e festas de San Xián, a finais de agosto.
Cidades irmásEditar
A cidade de Cuenca está irmandada cas seguintes cidades:
Galería de imaxesEditar
Casa do Século XV en Cuenca.
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para conquense.
- ↑ Rexistros históricos da estación de Cuenca (1971-2000) Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) Arquivado 20 de xullo de 2011 en Wayback Machine..
- ↑ "A Semana Santa e a Xunta de Confrarías de Cuenca". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2009.
- ↑ Cuenca e a súa Semana Santa