Coordenadas: 40°04′40″N 2°07′42″O / 40.07778, -2.12833

As Casas Colgadas, tamén coñecidas como Casas Voladas ou Casas del Rey, é un conxunto de edificios civís situados en Cuenca, en España. No pasado eran frecuentes estas construcións na zona leste da cidade antiga, sobre a foz do río Huécar, aínda que hoxe só perduran unha pequena parte delas. De todas, as máis coñecidas son un conxunto de tres destas estruturas con balcóns de madeira.

Casas colgadas de Cuenca

Estas vivendas denomínanse así por posuíren os balcóns en beiril; é dicir, sen material sólido baixo elas, aínda que están fixadas á parede de abaixo cara a dentro por soportes diagonais para non se derrubar.

De orixe incerta, tense constancia da súa existencia xa no século XV. Ao longo da súa historia pasaron por diversas remodelacións, a última realizada durante a década dos anos 20 do século XX.

Foron utilizadas como vivendas de uso particular e casa consistorial, aínda que actualmente aloxan un mesón e o Museo de Arte Abstracta Española.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar