Albarracín
Albarracín é un concello aragonés da provincia de Teruel, situado na comarca da Sierra de Albarracín. En 2006 tiña 1.076 habitantes, repartidos nunha área de 456,50 km².
En 1961, a vila foi declarada Monumento Nacional.
Xeografía
editarSituada a 28 km da cidade de Teruel e a 1.171 m de altura, ás beiras do río Guadalaviar, ten ao norte a serra de Albarracín e polo sur os Montes Universales.
Urbanismo
editarO lugar está asentado nun monte e arrodeado polo Guadalaviar, un caso representativo de meandro encaixado. Por ese lado e contra o río se atopan edificadas as casas colgadas. Dentro da vila as rúas son pinas e estreitas. A construción ofrece unha orixinal arquitectura popular, con uso da típica cor vermelliza, chamada rodena, que se consegue con xices locais, orixinarios do Triásico superior.
A parte antiga divídese en dous barrios:
- a Cidade, coas casas penduradas sobre do río;
- o Rabal.
Outra das partes, El Barrio, está da outra beira do río, e non forma parte do casco antigo.
Historia
editarAtopáronse importantes pinturas rupestres da denominada arte levantina na Pineta do Rodeno.
Durante a Idade de Ferro, a zona estivo habitada polos lobetáns, probabelmente celtiberos.
No Al-Andalus, a familia bérber dos Banu Razín, fixo destas terras un pequeno reino taifa. Desta familia procede o nome actual da cidade e da serra.
No século XII, o Rei Lupo de Murcia cedeu a comarca de Albarracín ao navarro Pedro Ruíz de Azagra, creándose así o Señorío de Albarracín, que se incorporou ao Reino de Aragón durante o século XIII.
No señorío creouse un bispado que dependía do arcebispo de Toledo. A sede episcopal foi deslocada para Segorb, cando esta localidade foi tomada dos mouros en época do rei Xaime I de Aragón.
Desde 1852, forma parte da diocese Teruel-Albarracín, posibelmente a consecuencia do concordato de 1851.
Monumentos
editar- Catedral do Salvador, iniciada no 1200, a maior parte é do século XVI, cunha soa nave e con capelas laterais. Conta con Museo Catedralicio, que expón interesantes tapices e ourivesaría litúrxica.
- Pazo episcopal, ao pé da catedral, con portada barroca.
- Casa Consistorial, sita na praza do Concello. É do século XVI, con balcóns de madeira e corredor pendurado sobre do río.
- Casa de la Julianeta, casa de construción popular, sita no Portal de Molina.
- Castelo, localizado no casco antigo, está en proceso de restauración. Foi alcázar musulmán da familia dos Banu Razin, durante o século XI.
- Murallas, do século XIV, de construción cristiá.
- Torre del Agua y del Andador, de construción musulmá, dos séculos X e XI.
- Torre de doña Blanca, simétrica respecto da do Andador.
- Museo do Xoguete.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Albarracín |