Griegos é unha localidade e municipio de España, na provincia de Teruel, Comunidade Autónoma de Aragón, da comarca Sierra de Albarracín. Ten unha área de 31,47 km² cunha poboación de 160 habitantes (INE 2016) e unha densidade de 5,08 hab/km².

Modelo:Xeografía políticaGriegos
Imaxe

Localización
Mapa
 40°25′46″N 1°42′43″O / 40.429444444444, -1.7119444444444Coordenadas: 40°25′46″N 1°42′43″O / 40.429444444444, -1.7119444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Teruel Editar o valor em Wikidata
CapitalGriegos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación140 (2023) Editar o valor em Wikidata (4,45 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie31,47 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.601 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJose Luis Chavarrias Sorando (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal44114 Editar o valor em Wikidata
Código INE44119 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcome.to… Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Situado aos pés da Muela de San Juan, Griegos é un pequeno pobo da Serra de Albarracín, situado nos Montes Universais. Situado nunha paraxe natural, de singular beleza, ofrece ao visitante unha gran variedade de posibilidades. As súas xentes, os seus costumes, a súa gastronomía... aínda conservan a rusticidade de outrora.

É o segundo pobo con maior altitude de España[1] atopándose, dependendo das fontes, a unha altitude de 1.601[2][3], 1.602[4] ou de 1.604[1][5][6] msnm, anexo á Muela de San Juan. En 2008, foi denominado como o pobo máis frío de toda España[7].

Historia editar

Os restos de poboamento máis antigos son da transición entre a I Idade de Bronce e a época ibérica. Destacan 3 xacementos: El Cuarto, El Cabecico de los Moros y El Castillejo[2]. En 1930, Martín Almagro descubriu unha necrópole celtibérica na escavación de El Castillejo na que apareceron 14 tumbas datadas arredor do 300 a.C[1].

O 21 de xuño de 1257, por privilexio do rei Xaime I dado en Teruel, este lugar pasa a formar parte de Sesma de Villar del Cobo na Comuidade de Santa María de Albarracín, que dependían directamente do rei. Este réxime administrativo perdurou pois foi a única comunidade que continuou existindo trala aplicación do Decreto de Disolución das mesmas, en 1837. Hoxe ten a súa sede en Tramacastilla[8].

Clima editar

O clima de Griegos é mediterráneo continentalizado. A altitude é o factor principal que provoca que en Griegos se dean temperaturas tan baixas, cunha temperatura media anual de tan só 7,5 °C. Posúe invernos extremadamente fríos e longos, e veráns frescos e curtos, podéndose unicamente superar os 30 graos entre xuño e agosto. No inverno as temperaturas poden baixar dos -15 graos. En pleno verán os termómetros poden mesmo chegar a rexistrar temperaturas por baixo dos 0 graos nalgunhas ocasións.

Respecto das precipitacións, caracterízase por ser unha zona relativamente húmida, sendo o inverno a estación máis chuviosa e destacando unha seca estival nos meses de xullo e agosto. As precipitacións destacadas son as provinientes das frontes Atlánticas, que aínda que levan un longo traxecto percorrido e perderon gran capacidade, deixan precipitacións elevadas. As precipitacións apenas son debidas a centros que actúan no Mediterráneo, xa que son as Serras de Gúdar e Javalambre as que interferen no avance das choivas.

Parámetros climáticos medios de Griegos no período 1961-2003
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima media (en °C) 3,8 5,5 8,4 10,9 14,7 20,3 24,5 24 19,9 13,4 8,2 5 13,2
Temperatura media (en °C) -0,4 0,6 3,1 5,5 9,2 14,1 17,7 17,4 13,8 8,1 3,4 0,7 7,8
Temperatura mínima media (en °C) -4,6 -4,3 -2,2 0 3,6 7,9 10,9 10,7 7,7 2,8 -1,4 -3,6 2,3
Precipitación total (mm) 41 43 60 60 84 69 35 39 54 54 50 52 641
Fonte: Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Datos de precipitación para o período 1961-2003 e de temperatura para o período 1961-2003 en Griegos (9098).

Demografía editar

Táboa da evolución demográfica de Griegos entre 1877 e 2016
Ano 1877 1887 1897 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 2016
Poboación 387 427 422 415 429 481 455 294 396 344 238 180 142 136 140 160
(Fonte: INE)

Política local editar

Últimos alcaldes de Griegos editar

Período Alcalde Partido
1979-1983 Miguel Martínez Martínez PSOE
1983-1987 Manuel Chavarrías González PAR
1987-1991 Manuel Chavarrías González PAR
1991-1995 José Luís Chavarrías Sorando PSOE
1995-1999 Miguel Martínez Martínez PSOE
1999-2003 Begoña Lahoz Lapuente PP
2003-2007 Miguel Martínez Martínez PSOE
2007-2011 Juan Manuel Lapuente Belinchón PP
2011-2015 José Luís Chavarrías Sorando PSOE
2015-2019 Juan Manuel Lapuente Belinchón C's

Resultados electorais editar

Eleccións municipais[9]
Partido 2003 2007 2011 2015
C's - - - 2
PSOE 1 1 4 1
PAR 2 - - 1
CHA - - - 1
PP 2 4 1 -
Total 5 5 5 5

Flora e fauna editar

A paraxe natural é a riqueza principal de Griegos, rodeado de frondosos bosques, extensos campos de cereais, devesas de pasto do gando, modelaxe cárstica, innumerables fontes de auga fresca e cristalina,

A fauna é abundante e emerxente, destacándose a abundancia de bolboretas e as especies cinexéticas; Griegos atópase na Reserva Nacional de Caza dos Montes Universais.

O frío limita en gran medida a riqueza florística na zona. Unha riqueza importante en Griegos e na serranía son os fungos e cogomelos, abundantes no outono, que todos se afanan por colleitar.

Patrimonio editar

Do patrimonio histórico da vila salientan tres construcións, a igrexa de San Pedro, a ermida de San Roque e o Pairón de San Antonio Abad.

Entre os restos celtiberos situados en Griegos atópanse a necrópole de "O Cuarto", o torreón "O Castillejo" e o hábitat de "A Chea de Terra".

Próximos á poboación consérvanse centos de metros de trincheiras da guerra civil española, así como majadas e parideiras antigas onde se gorecía noutros tempos o gando, e tamén construcións para a produción do cal, as chamadas "caleras", etc.

Ademais do patrimonio histórico, o turismo é atraído pola inauguración dunhas pistas de esquí de fondo, xunto cos carreiros de PR e GR que hai pola zona, ademais da oferta hostaleira: hostal, casas de alugueiro, casas de turismo rural, apartamentos, etc.. En cuestión de turismo, Gregos benefíciase da descentralización do turismo da serra —moi estancado na poboación de Albarracín— e ofrece alternativas atractivas ao visitante: sendeirismo, esquí de fondo, raquetas de neve, mountain bike ou simplemente descanso de fin de semana da tensión urbana.

 

Vista da Serra de Albarracín dende o miradoiro da Muela de San Juan. No fondo, a localidade de Griegos.


Servizos editar

Griegos a pesar de ser un municipio pequeno ten varios negocios e diferentes servizos. Giregos conta cunha panadaría, que ademais se fai cargo da repartición de pan nas localidades próximas; tamén conta cun Hostal, unha casa rural "Casa Aldea", así como un bar-restaurante "La Muela de San Juan" e ademais existe un Museo etnográfico sobre insectos chamada a "Casa das Bolboretas".

Ademais conta cos servizos públicos de consultorio médico e colexio público. A pesar das dificultades que existen nos núcleos rurais para manter as escolas públicas, Griegos conseguiu mantela aínda que sexa con apenas 6 alumnos. Nos últimos cursos está a aumentar o número de escolares grazas a iniciativas municipais[10].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Griegos". Sitio oficial do concello de Griegos. Consultado o 11-08-2017. 
  2. 2,0 2,1 "Qué ver en Griegos". clubrural.com. Consultado o 11-08-2017. 
  3. "Predicción por Municipios. Griegos (Teruel)". aemet.es. Consultado o 11-08-2017. 
  4. "El Griegos de Teruel: sin helenos, longevo y con superávit". heraldo.es. Arquivado dende o orixinal o 28-01-2016. Consultado o 11-08-2017. 
  5. "Griegos (Teruel)". lawebdegriegos.webcindario.com. Consultado o 11-08-2017. 
  6. "Griegos (ESARA4400000044114A)". meteoclimatic.net. Consultado o 11-08-2017. 
  7. "En Griegos rondan los cero grados también en verano, en pleno mes de agosto". 20minutos.es. Consultado o 11-08-2017. 
  8. "Comunidad de Albarracín". comunidaddealbarracin.org. Consultado o 11-08-2017. 
  9. "Eleccións municipais 2007-2015". Goberno de Aragón. Instituto Aragonés de Estadística. Arquivado dende o orixinal o 11-08-2017. Consultado o 11-08-2017. 
  10. "Griegos, en Teruel, ofrece trabajo y alquiler gratis a dos familias con niños pequeños". heraldo.es. Arquivado dende o orixinal o 16-02-2017. Consultado o 11-08-2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar