La Voz Pública
La Voz Pública foi un xornal publicado en Ourense entre 1915 e 1918.
La Voz Pública | |
---|---|
Localidade | Ourense |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Diario de Orense, apareceu o 31 de outubro de 1915. Dirixido por Francisco Álvarez de Nóvoa e Ceferino Valencia Novoa. Xurdiu como portavoz do Partido Liberal pouco antes das eleccións municipais de 1915, apoiou as campañas agraristas e foi rival do periódico conservador El Diario de Orense. Ocupouse da información local e comarcal, e incluíu colaboracións de Vicente Risco e Arturo Noguerol e nel seguiu a publicar Francisco Álvarez de Nóvoa as súas famosas columnas satíricas de El Miño, denominadas "Agujetas". A comezos do ano 1918 deixou de publicarse.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Voz Pública, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Voz Pública, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.