Abrir o menú principal

Arturo Noguerol

avogado e intelectual galego

Arturo Noguerol Buján, nado en Ourense o 6 de maio de 1892 e asasinado en Ferrol o 12 de setembro de 1936, foi un avogado e intelectual galeguista.

Arturo Noguerol
Arturo Noguerol Buján 1923.jpg
Arturo Noguerol, retrato en Vida Gallega, 1923.
Nome completoArturo Noguerol Buján
Nacemento6 de maio de 1892
 Ourense
Falecemento12 de setembro de 1936
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
OcupaciónAvogado
XénerosEnsaio
OrganizaciónIrmandades da Fala
Grupo Nós
Arturo Noguerol Buján 1922.jpg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu en Ourense, onde estudou o bacharelato con Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas e Manuel Martínez Risco. Fixo a carreira de dereito na Universidade de Salamanca, entre os anos 1910 e 1915. En 1915 abriu o seu despacho no nº 10 da rúa Padre Feixóo, onde estivo logo a administración e a Xerencia da revista Nós.

Amigo, tamén, de Vicente Risco, con quen coincidiu no Cenáculo ourensán, participou na publicación La Centuria da que foron xerentes, e que foi de vital importancia para a expresión dunha xeración de intelectuais ourensáns antes da súa conversión ao galeguismo das Irmandades da Fala, da man de Antón Losada Diéguez, e que posteriormente sería a Xeración Nós.

En La Centuria escribiu catro artigos, entre eles "La patria", un dos primeiros testemuños que se emitiu a prol do galeguismo que serviría de punto de partida para constituir a Irmandá Rexionalista d'Ourense en 1918. Publicou once artigos na revista Nós, catro artigos en La Centuria, dous en O Tio Marcos d´a Portela, outros seis na revista A Nosa Terra, dous en La Billarda, dous en La Zarpa e un en Follas Secas. O 15 de setembro de 1930 publicou o seu derradeiro artigo no nº 81 de Nós, titulado “Notas políticas”. A partir de entón retirouse da vida política e literaria.

Foi secretario de administración local e exerceu no Pereiro de Aguiar, Avión, Rianxo e Serantes. Durante a revolución de 1934, cando era secretario do concello de Serantes, foi detido por posesión de arma de fogo, mais foi exonerado. Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polos sublevados por propagar noticias tendenciosas, e encadeado na prisión da Escollera de Ferrol. Foi procesado, e o xuíz militar comprobou a súa inocencia e ordenou a súa liberación. Foi novamente detido por elementos paramilitares. Na tarde do 11 de setembro de 1936 introduciron a Noguerol con outras doce persoas nun autobús e na noite seguinte executáronnos no cemiterio parroquial de Serantes na estrada da Coruña ó Ferrol, onde foron soterrados.

O 21 de xaneiro de 1924 Noguerol casou con Eloisa Martínez Carballo. Tiveron dous fillos nados en Ourense: Eloisa e Pedro Arturo.

 
Placa na casa onde viviu Noguerol, en Ourense

ObraEditar

  • Parolas sobre a propiedá, 1918 (publicado en La Región).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar