Raúl Soutelo Vázquez

profesor e historiador galego

Raúl Soutelo Vázquez, nado en Amoeiro en 1968, é un profesor e historiador galego. Dá clase no IES Porto do Son.

Raúl Soutelo Vázquez
Nacemento1968
Lugar de nacementoAmoeiro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupaciónprofesor de ensino secundario e historiador
PremiosPremio Manuel Murguía de Ensaio
Na rede
Dialnet: 1752605
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Doutor en Historia pola Universidade de Vigo, profesor de ensino secundario e de didáctica das ciencias sociais na Universidade de Santiago de Compostela. Está especializado en historia social contemporánea.

Obras

  • Os intelectuais do agrarismo, Universidade de Vigo, 1999.
  • De América para a casa, Consello da Cultura Galega, 2001.
  • As cartas do destino, 2005 (con Xosé Manoel Núñez Seixas).
  • As migracións nas sociedades contemporáneas: os desafíos na Galicia actual, coord., Edicións Sotelo Blanco.
  • Emprendedores rexos en tempos duros. A integración dos galegos en Venezuela e no Brasil durante o século XX, Deputación de Ourense, 2016, en coautoría con María Xosé Vázquez Lojo.
  • Emigración negocios e política na Galicia rural: Coles, 1887-1940, Deputación Provincial de Ourense, 2014.
  • O Anxo de Monteasnal. Investigación e didáctica da represión franquista partindo da memoria oral dun home bravo que non se deixou cazar. Ir Indo, 2019.

Premios

Véxase tamén

Ligazóns externas