El Miño (Ourense)

El Miño foi un xornal publicado en Ourense entre 1898 e 1913.

El Miño (Ourense)

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadeOurense
Na rede
Galiciana: 3931
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Diario liberal. Defensor de los intereses locales y regionales, apareceu o 20 de outubro de 1898. O diario foi fundado polo deputado liberal Vicente Pérez logo da súa ruptura con Valentín Lamas Carvajal pola orientación conservadora que imprimía como director a El Eco de Orense. Os seus directores foron Vicente Romero Rodríguez, Francisco Álvarez de Nóvoa e Eugenio López Aydillo (en xaneiro de 1910).[1] Caracterizouse pola defensa dos intereses galegos e por servir de escola xornalística a moitos coñecidos galeguistas. Cambiou o seu subtítulo por Diario de mayor circulación de la provincia en 1911 e Diario de la mañana en 1912.

No diario escribiu Vicente Risco cos pseudónimos de "Rujú Sahib" e "Polichinela" artigos de filosofía e actualidade entre 1910 e 1913, ademais traduciu ao castelán poetas franceses e fragmentos do Mahabharata. Tamén Francisco Álvarez de Nóvoa tiña unha combativa sección titulada "Agujetas".

Notas editar

  1. El Noroeste, 28-1-1910, p. 1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar