Mahabharata

é unha das dúas principais epopeas da literatura sánscrita sobre a Historia da India, xunto co Ramayana.

O Mahabharata (en sánscrito महाभारत, mahābhārata no sistema AITS) é unha das dúas principais epopeas da literatura sánscrita sobre a Historia da India, xunto co Ramayana. A épica é parte da itihasa (ou "historia") hindú.

Mahabharata
Ilustración da batalla de Kurukshetra.
Autor/aVyasa
LinguaLingua sánscrita
Xénero(s)Epopea
Na rede
BNE: XX4121889
editar datos en Wikidata ]

Etimoloxía

editar

Mahābhārata significa "a gran [guerra] dos bharatás", a partir de mahā "grande" e bhārata "os clans bharatás". Xeralmente atópase xunto con iudhá (yuddhá), aajavá (āhavá) ou algunha outra palabra que signifique "batalla".[1]

O título pode traducirse como "a grande India", xa que bhārata é un patronímico que significa "o que pertence a Bharata", mítico rei fundador do país de Bhárata-varsha (varshá, "país"), que é o nome oficial da India en hindi.

Historia

editar
 
Krishna e Arjuna en Kurukshetra, pintura do século XVIII-XIX.

Ademais da narración épica da guerra Kurukshetra e do destino dos Kaurava e os Pandava, o Mahabharata contén moito material filosófico e relixioso, como por exemplo unha discusión dos catro "obxectivos da vida" ou purusharthas (12.161). Estes últimos enuméranse como dharma (acción correcta), artha (propósito), kama (pracer) e moksha (liberación). Entre as principais obras e historias do Mahabharata están o Bhagavad-guita, a historia de Damayanti, unha versión abreviada do Ramayana, e o Rishyasringa, adoito considerado como unha obra en si mesmo.

Tradicionalmente, a autoría do Mahabharata atribúese a Vyasa. Houbo moitos intentos de descifrar o seu desenvolvemento histórico e as capas compositivas. As partes máis antigas do texto non son moi anteriores ao 400 a.C.[2] O texto probablemente acadou a súa forma definitiva a principios do período Gupta (arredor do s.IV d.C.).[3] O título pódese traducir como "a grande historia da dinastía Bhārata". Segundo o propio Mahabharata, a historia estende unha versión máis curta de 24.000 versos chamada simplemente Bhārata.[4]

Extensión

editar

Con arredor de cen mil versos, longas pasaxes en prosa, ou arredor de 1,8 millóns de palabras en total, a extensión do Mahabharata é aproximadamente dez veces a da suma da Ilíada e a Odisea, ou arredor de catro veces a do Ramayana.[5][6]

O Mahabharata, a historia épica

editar

A historia principal deste traballo é dunha loita dinástica polo trono da capital Jastina Pura, o reino do clan Kuru. Jastina Pura e os reinos inmediatamente circundantes estaban asentados no Doab, a rexión do Ganxes superior e o río Yamuna, ao norte da actual Nova Deli. As dúas ramas primas da familia que participan na loita son os Kauravas (os fillos de Kuru, a rama maior da familia), e os Pándavas (a rama máis nova, formada polos fillos do rei Pandú ('pálido') quen era irmán de Dhrita-rastra e fillo de Viasa coa esposa de Vichitra-Viria).

A loita culmina na gran batalla en Kurukshetra, de 18 días, que os Pándavas gañan ao final. O Mahabharata termina coa morte do deus Krisná, e o final da súa dinastía, e o ascenso dos irmáns Pándavas a un planeta celestial xunto cos deuses Ese momento tamén marca o principio de era de Kali (Kali yuga). Esta é a cuarta e última idade da humanidade, onde os grandes valores e as ideas nobres que a humanidade representadas están desmoronadas, e os homes diríxense rapidamente cara á disolución completa da moralidade e a virtude en xeral.

Historias

editar

Descrición curta dalgunhas personalidades e historias:

 
O rei Śantanu (pai de Bhishmá) namórase da virxe mariñeira Satiavati (que xa fora nai de Viasa).
  • Algunhas das figuras máis nobres e reverenciadas da historia terminan por loitar ao lado dos Kurus, debido ás lealdades formadas antes do conflito.
  • Iudishtira é o maior dos cinco irmáns Pándavas, fillo da raíña Kunti (esposa de Pandú) con Dharmarash (o 'rei da relixión', tamén coñecido como Iamarash, o 'rei da prohibición'). Iudishtira é comunmente coñecido na India como un modelo de integridade, xa que nunca dixera unha mentira na súa vida e así obtivera poderes místicos. Participou nunha estrataxema ideada para matar a Drona, o mestre de armas dos cinco Pándavas. Mataron a un elefante co mesmo nome que o fillo do mestre Drona. Entón Iudishtira achegouse ao seu mestre e dixo: «Ashwattama (o elefante) morreu». Drona deixou caer as súas armas e foi asasinado polos irmáns Pándavas. Nese momento a cuadriga de Iudishtira -que debido á súa virtude ata ese momento flotara a uns centímetros do piso (o que enchía de espanto ao exército inimigo)-, inmediatamente tocou terra.
  • Bhima é un dos cinco irmáns Pándavas cuxa forza, tamaño, e lealdade son lendarios.
  • Arjuna (cognado do latín argentum: 'prateado'), fillo de Kuntí co deus Indra, o mellor amigo do deus Krisná (quen finalmente faille gañar a guerra de Kurukshetra por medios non-santos).
  • Nakula e Sajádeva son os fillos xemelgos de Madri (a segunda esposa do rei Pandú) cos Asuini-kumaras (os médicos dos deuses).
  • Unha das historias máis conmovedoras do Mahabharata é a de Karna ('orella'), fillo da raíña Kuntí con Suria (o deus do sol), era un nobre guerreiro de quen ninguén sabía que era o irmán máis vello dos cinco Pándavas. Os seus inmensos poderes falláronlle durante a batalla porque el mentira, algúns anos antes, ao seu guru sobre quen era el.
  • O «avó» Bhishmá era o nobilísimo tío avó de todos os guerreiros principais (que eran primos entre eles). El renunciara ao seu reino e fíxose célibe polo amor do seu pai cara a unha pescadora. (Ela quixo que o seu fillo co rei fose o príncipe herdeiro, polo que Bhismá tivo que xurar non ter fillos toda a súa vida). Por este acto de renuncia obtivo a bendición dos deuses para elixir o momento da súa morte. El terminou por morrer sobre unha cama de frechas postas por Áryuna, o seu neto máis amado (quen lle preguntou a noite anterior como podía facer para matalo, xa que nunca poderían gañar a guerra en presenza do avó).
 
Simhika aparece no texto (atta katha) malaio da obra de teatro kathakali chamada Kirmira Vadham, de Kottayam Tampuran (século XVII). Presenta dous personaxes que non aparecían no Mahabharata: un rakshasa chamado Sardula e a súa esposa a monstrua Símjika. Áryuna mata a Sardula. Para vingarse, Símjika transfórmase nunha nova (lalita) -de vestido negro neste cadro- e quérelle mostrar a Draupadi un templo de Durga no bosque (para raptala e levarlla ao seu outro irmán Kirmira). Draupadi sospeita a trampa e négase. Símjika adopta a súa forma orixinal e arrastra a Draupadi. Ao escoitar os seus gritos, Sajádeva intervén e córtalle os peitos e o nariz á atacante. Kirmira e Bhima chegan á escena e Bhima mata a Kirmira.

Véxase tamén: Draupadi.

Mahabharata moderno

editar

O Mahabharata afirma conter a esencia e a suma de todos os Vedas (textos épico-relixiosos compostos un milenio antes que o Mahabharata, e os máis antigos da literatura da India) e outras escrituras hindús. Inclúe grandes cantidades da mitoloxía hindú, historias cosmolóxicas de deuses e deusas, e parábolas filosóficas apuntadas a estudantes da filosofía hindú. As historias son comunmente contadas a nenos, en funcións relixiosas, ou ao redor do fogar. A aqueles que non o len, o Mahabharata os ameaza con que nunca cumprirán as súas procuras espirituais e de ioga.

Estrutura

editar

O Mahabharata está escrito en dezaoito parvas (libros), que son:

  1. Adi-parva (ādi: "primeiro"): historias introdutorias do libro, nacemento e educación dos cinco príncipes Pándavas.
  2. Sabha-parva: a vida na casa dos Pándavas, o xogo de dados co seu malvado primo Duriódhana (fillo de Dhrita-Rastra), que provoca o exilio dos Pándavas ao deserto. O deus Indra (pai de Áryuna) crea e regálaslle unha cidade verxel, Indraprastha, onde o dánava Maia (un dos 40 fillos demos de Danu e o sabio Kasyapa) erixe o palacio e o tribunal (sabha) dos Pándavas.
  3. Araniaka-parva (tamén Aranya-parva ou Vana-parva, sendo aranya ou vana "bosque"): os doce anos no exilio no bosque.
  4. Virata-parva: o ano de exilio no reino de Virata (Áryuna transfórmase en eunuco).
  5. Udioga-parva: preparativos para a guerra.
  6. Bhishmá-parva: primeira parte da gran batalla, co «avó virxe» Bhishmá como comandante dos Kauravas.
  7. Drona-parva: segue a batalla, con Drona como comandante.
  8. Karna-parva: a batalla outra vez, con Karna como comandante.
  9. Salia-parva: a última parte da batalla, con Śalya como comandante.
  10. Sauptika-parva: como o exército Pándava é destruído durante o soño (suapná-hipnós) por Ashwattama (o vengativo fillo do mestre Drona) e os poucos Kauravas sobreviventes.
  11. Stri-parva (stri "muller"): Gandhari e as outras mulleres lamentan os mortos.
  12. Shanti-parva (śanti "paz"): coroación de Iudishtira, e instrucións de Bhishmá.
  13. Anushasana-parva (anushasana "instrución"): instrucións finais de Bhishmá.
  14. Asuamedhika-parva: cerimonia imperial ou asua-medha ("o sacrificio dun cabalo" ou ashua’) conducida por Iudishtira.
  15. Ásrama-vásika-parva: Dhritarashtra (o senescal do rei Pandú), a súa esposa Gandhari e a raíña Kuntí (nai dos Pándavas e de Karna) íllanse nun áshram no bosque ata morrer.
  16. Mausala-parva: matanza corpo a corpo con mazas (mausala) entre os Yádavas (os 16 100 fillos do rei-deus Krisna) embriagados nunha festa á beira do mar.
  17. Majá-prasthánika-parva: Iudishtira e os seus irmáns camiñan cara ao Himalaia ata falecer (majá-prasthana "a gran viaxe", eufemismo da morte).
  18. Suarga-arojana-parva (suarga "cielo"): os Pándavas ascenden ao paraíso material.

Tamén existe un apéndice de 16 375 versos, o Hari-vamsa ("a familia de Hari", outro nome de deus Krisna).

Entre o principal traballo e as historias que son parte do Mahabharata están as seguintes, que ás veces se illan e se presentan como obras completas por elas mesmas:

 
Ilustración manuscrita da batalla de Kurukshetra, en que se ve o deus Krisna manexando a cuadriga do arqueiro pándava Áryuna, que dispara as súas frechas contra os malvados Kauravas.

Durante o século XX, os eruditos empregaron as copias existentes máis antigas dese traballo nas súas variacións rexionais, para desenvolver un traballo de referencia coñecido como a Edición crítica do Mahabharata. Este proxecto foi completado en 1966 no Instituto de Investigación Oriental Bhandarkar (Pune, India).

Adaptacións

editar

A finais dos anos oitenta emitiuse o Mahabharata pola TV nacional da India (Doordarshan). Cada capítulo, emitido os domingos antes do mediodía, practicamente paralizaron todo o país. As persoas vestíanse coas súas mellores roupas, e adornaban o televisor con grilandas de flores (coma se fose unha deidade no altar familiar).

No Reino Unido emitiuse entre 1988 e 1990 unha serie de televisión titulada Mahabharat que acadou grande éxito.

  1. Segundo o Sanskrit-English Dictionary (pág. 798 Arquivado 24 de setembro de 2020 en Wayback Machine., do sanscritólogo británico Monier Monier-Williams (1819-1899).
  2. J.L. Brockington (1998) The Sanskrit Epics, BRILL:Leiden, p. 26
  3. Van Buitenen; The Mahabharata - 1; The Book of the Beginning. Introduction (Authorship and Date)
  4. bhārata significa a descendencia de Bharata, o rei lendario a quen se atribúe a fundación do reino Bhāratavarsha.
  5. Spodek, Howard. Richard Mason. The World's History. Pearson Education: 2006, New Jersey. 224, 0-13-177318-6
  6. Amartya Sen, The Argumentative Indian. Writings on Indian Culture, History and Identity, London: Penguin Books, 2005.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  • HolyBooks.com (Descargar Mahabharata os 12 volumes en PDF gratuíto).