Vyasa (en sánscrito: व्यास, literalmente "Compilador") é o autor lendario do Mahabharata, os Vedas e os Puranas, algúns dos textos máis importantes da tradición hindú. Tamén é chamado Veda Vyāsa (वेदव्यास, veda-vyāsa, "o que clasificou os Vedas") ou Krishna Dvaipāyana (en referencia á súa complexión escura e o seu lugar de nacemento).

Modelo:BiografíaVyasa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sa) व्यास Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo indio Editar o valor en Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, filósofo, compilador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século XV a. C. Editar o valor en Wikidata)
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaAmbika
Ambalika Editar o valor en Wikidata
FillosPandu
 () Ambalika
Śhukdev
 ()
Dhritarashtra
 () Ambika
Vidura Editar o valor en Wikidata
PaisParashara Editar o valor en Wikidata  e Satyavati Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNew Encyclopedic Dictionary (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1324555 BNE: XX961304 Musicbrainz: 1f074542-ef3a-41ab-b917-cc072bb75aef Editar o valor en Wikidata

O festival de Guru Purnima está dedicado a el. Tamén se coñece como Vyasa Purnima, día que se considera tanto o do seu nacemento como cando dividiu os Vedas.[1][2] Vyasa está considerado un dos sete Chiranjivis (de longa vida ou inmortais), que aínda existen segundo a tradición hindú.

 
Imaxe do sabio Vyasa (personaxe do teatro de sombras xavanés)

Segundo a mitoloxía hinduísta, Vyasa puxo por escrito o coñecemento védico completo, que ata ese momento só se transmitía por vía oral de mestre a discípulo, en previsión da chegada da era de Kali (que segundo a cronoloxía hinduísta, comezou o 14 de xaneiro de 3102 a. C.). Na era de Kali, os seres humanos non terían memoria para lembrar tanto texto.

Recibiu o nome de Vyasa o Vyasadeva debido a que reordenou (vy-asa) o Rig-veda orixinal, que, segundo o propio texto foi composto por Anguiras, Kanwa, Vásishtha, Vishwamitra, Atri, Bhrigu, Kashiapa, Gritsamada e Agastia,[3] noutros dous textos: o Sama-veda e o Yājurveda. Os hinduístas cren que tamén escribiu os 108 Upánishads (que se compuxeron ao longo de séculos dende o V a. C.), o Mahabharata (do século III a. C.) e os 18 Puranas (que se compuxeron durante séculos dende o III d. C.).

Debido ás diferenzas de estilo e ata do tipo de idioma sánscrito, é bastante notorio que os textos son obra de distintos autores de épocas moi variadas.

Legado

editar

Vyasa é amplamente reverenciado nas tradicións hindús. Construíuse un gran templo na honra de Sri Veda Vyasa no seu lugar de nacemento en Kalpi, Orai, Uttar Pradesh. O templo coñécese como Shri Bal Vyas Mandir. Shrimad Sudhindra Teerth Swamiji, o antigo gurú espiritual de Sri Kashi Math Samsthan, Varanasi, tivo a visión de construír este templo en 1998.

  1. Awakening Indians to India. Chinmaya Mission. 2008. p. 167. ISBN 978-81-7597-434-0. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2019. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  2. What Is Hinduism?: Modern Adventures Into a Profound Global Faith. Himalayan Academy Publications. 2007. p. 230. ISBN 1-934145-00-9. 
  3. O papel que a tradición atribúe a Vyasa é dividir o Veda único (o Rig-veda) en tres, sendo os outros dous o Sama-veda e o Iáyur-veda. O texto do Rig-veda non é atribuído ao sabio Vyasa, senón a dez rishis (poetas relixiosos):
    rishi ou clan ṛichas porcentaxe mandala preponderante
    Anguiras 3619 37 % mandala 6, especialmente
    Kanua 1315 13 % mandala 8, especialmente
    Vásishtha 1276 13 % mandala 7
    Vishua Mitra 983 10 % mandala 3
    Atri 885 9 % mandala 5
    Bhrigu 473 5 %
    Kashiapa 415 4 % mandala 9, especialmente
    Gritsamada 401 4 % mandala 2
    Agastia 316 3 %
    Bháratas 170 2 %
    total 9853 100 %

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar