A. C. Bhaktivedanta Swami Prabhupada

Abhaya Caranāravinda Bhaktivedānta Svāmi, nado como Abhay Charan De en Calcuta o 1 de setembro de 1896 e finado en Vrindava o 14 de novembro de 1977, foi un mestre espiritual indio, fundador-preceptor de International Society for Krishna Consciousness[1] (ISKCON), coñecida comunmente como o "Movemento Hare Krishna". Os membros do movemento ISKCON ven a Bhaktivedānta Swāmi como o representante e mensaxeiro de Krsna Caitanya.[2][3][4][5]

Infotaula de personaA. C. Bhaktivedanta Swami Prabhupada

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(bn) অভয়চরণারবিন্দ ভক্তিবেদান্ত স্বামীপ্রভুপাদ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1896 Editar o valor em Wikidata
Calcuta, India Editar o valor em Wikidata
Morte14 de novembro de 1977 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Vrindavan, India (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaKrishna Balaram Mandir (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia (1950–)
Dominio da India (1947–1950)
Raj Británico (–1947) Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónScottish Church College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e cultura da Índia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , tradutor , filósofo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua bangla Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa1933 Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Páxina webprabhupada.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4152034 Facebook: 28872106958 Youtube: UCdbLhQXo_xmY6L-MQO9B-_w Musicbrainz: 55222944-b2f2-457c-b8ac-6376af1ff9c3 Editar o valor em Wikidata

Foi educado no Scottish Church College de Calcuta.[6] Antes de adoptar a vida de novizo (vanaprastha) en 1950,[7] casou, tivo fillos e levou un pequeno negocio farmacéutico.[8][9] En 1959 fixo voto de renuncia (sannyasa) e comezou a escribir comentarios ás escrituras do Vaishnava.[10] En anos posteriores, como monxe viaxeiro do Vaishnava, converteuse nun comunicador influente da teoloxía de Gaudiya Vaishnava na India e especificamente no mundo occidental mediante o liderado da ISKCON, fundada en 1966.[11][12] Como fundador de ISKCON, "xurdiu como unha figura importante da contracultura occidental, iniciando miles de mozos estadounidenses".[13] Recibiu críticas dos grupos anticulto, á parte dunha benvida favorable de estudos da relixión como J. Stillson Judah, Harvey Cox, Larry Shinn e Thomas Hopkins, que eloxiou as traducións de Bhaktivedānta Swāmi e defendeu o grupo contra as imaxes distorsionadas e malas interpretacións dos medios.[14] Con respecto ás súas achegas, os líderes relixiosos doutros movementos de Gaudiya Vaishnava tamén recoñeceron a súa importancia.[15]

Foi descrito como líder carismático no sentido empregado polo sociólogo Max Weber, con grande éxito na adquisición de seguidores nos Estados Unidos, Europa a India e no resto do mundo.[16][17] A súa misión era propagar por todo o mundo o Gaudiya Vaishnavism, escola do hinduísmo Vaishnavite que lle ensinou o seu gurú, Bhaktisiddhanta Sarasvati.[11] Trala súa morte en 1977, ISKCON, a sociedade que fundou baseada nun tipo de krishnaísmo hindú que empregou o Bhagavata Purana como escritura central, continuou a medrar. A súa tradución e comentarios ao Bhagavad Gītā, titulado Bhagavad-gītā As It Is, está considerado polos seguidores do movemento ISKCON e moitos estudosos védicos como as mellores obras literarias do vaishnavismo traducidos ao inglés.[2][3][4][5][18]

Títulos honoríficos editar

  • Swāmījī — título orixinal empregado polos discípulos estadounidenses
  • Prabhupāda — outorgado polos discípulos estadounidenses en 1968, popularizado por ISKCON
  • Śrīla Prabhupāda — outorgado polos discípulos estadounidenses en 1968, popularizado por ISKCON
  • A Súa Divina Graza — título para dirixirse a el, outorgado polos discípulos estadounidenses, popularizado por ISKCON
  • Svāmī Mahārāj — empregado na súa denominación local Gauḍīya Maṭha (en que "Prabhupāda" é destinado a Bhaktisiddhānta Gosvāmī)
  • Śrīla Bhaktivedānta — empregado en Chaitanya Mission / Science of Identity (en que "Prabhupad" é destinado a Chris Butler)

Monumentos editar

 
ISKCON Palacio de Ouro de Prabhupada en Virxinia Occidental

Construíronse numerosos samadhis e santuarios dedicados á memoria de Bhaktivedanta Swami por parte dos membros de ISKCON, o maior deles situado en Mayapur, Vrindavan, e cos de maior tamaño localizados nos Estados Unidos. O Palacio de Ouro de Prabhupada foi deseñado e construído por devotos da comunidade de New Vrindavan e consagrado o 2 de setembro de 1979. En 1972 a intención era que simplemente fose a residencia de Bhaktivedanta Swami, mais co tempo os plans evolucionaron nun palacio de mármore e ouro visitado por miles de peregrinos hindús cada ano.[19]

Notas editar

  1. Goswami et al. 1983, p. 986
  2. 2,0 2,1 Melton, John Gordon. "Hare Krishna". Encyclopædia Britannica. www.britannica.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2008. Consultado o 9 de abril de 2015. 
  3. 3,0 3,1 "His Divine Grace A.C. Bhaktivedanta Swami Prabhupada - Prabhupada". prabhupada.krishna.com. 
  4. 4,0 4,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2020. Consultado o 23 de novembro de 2019.  |title= e |título= redundantes (Axuda); |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  5. 5,0 5,1 "Avatar Credentials by his Divine Grace A.C. Prabhupada". 
  6. Jones, Constance (2007). Encyclopedia of Hinduism. Nova York: Infobase Publishing. pp. 77–78. ISBN 978-0-8160-5458-9. 
  7. Goswami 2002, Vol.1 Chapter 6
  8. Rhodes 2001, p. 178
  9. Goswami 2002, Vol.1 Chapter 4
  10. Goswami 2002, Vol.1 Chapter 9
  11. 11,0 11,1 Klostermaier 2007, p. 217
  12. Ekstrand & Bryant 2004, p. 23
  13. Klostermaier 2007, p. 309
  14. Vasan & Lewis 2005, p. 129
  15. Paramadvaiti, Swami B. A. "Copia arquivada". www.vrindavan.org. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2008. Consultado o 23 de novembro de 2019.  |title= e |título= redundantes (Axuda); |archiveurl= e |urlarquivo= redundantes (Axuda); |archivedate= e |dataarquivo= redundantes (Axuda); |accessdate= e |data-acceso= redundantes (Axuda)
  16. "Unrecognized charisma? A study and comparison of four charismatic leaders: Charles Taze Russell, Joseph Smith, L Ron Hubbard, Swami Prabhupada" by George D. Chryssides. Paper presented at the 2001 International Conference The spiritual supermarket: religious pluralism in the 21st century, organised by INFORM and CESNUR (Londres, abril de 2001)
  17. Shinn 1987, p. 49
  18. Smullen, Madhava (12 de febreiro de 2014). "BBT Reaches Half a Billion Books Distributed Since 1965". ISKCON News. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2014. Consultado o 27 de febreiro de 2014. 
  19. "Prabhupada's Palace of Gold". www.palaceofgold.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2008. Consultado o 31 de maio de 2008. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar