Samadhi (sánskrito: समाधि) nas escolas hinduísta, budista, xainita e Sikh, é un alto estado de concentración na meditación, ou dhyāna. Na tradición do ioga, é o oitavo e último estadio mencionado nos Yoga Sūtras de Patañjali.

Ten sido descrito coma un estado de conciencia adual no que a conciencia do suxeito que experimenta se funde coa do obxecto observado[1], e no que a mente torna acougada, centrada ou concentrada[2], mentres a persoa permanece consciente.

En budismo tamén se pode referir a un estado no que a mente permanece en estado de calma mais non se funde co obxecto de atención, permitindo deste xeito a observación deste e así mellorar o grao de apercepción do fluxo cambiante da experiencia[3].

Conceptos análogos editar

De acordo co libro "God Speaks" escrito por Meher Baba, os termos sufís fana-fillah e baqa-billah son análogos a nirvikalpa samadhi e sahajā samādhi respectivamente[4].

Notas editar

  1. Diener Michael S. ,Erhard Franz-Karl and Fischer-Schreiber Ingrid, The Shambhala Dictionary of Buddhism and Zen, ISBN 0-87773-520-4
  2. Dictionary.com (liga directamente coa definición de samadhi do diccionario (en inglés))
  3. Richard Shankman, The Experience of Samadhi - an in depth Exploration of Buddhist Meditation, Shambala publications 2008
  4. "God Speaks" por Meher Baba, Dodd Meade, 1955, 2nd ed. p.316

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.