Bhagavad Gita
O Bhagavad Gita é un relato en sánscrito do libro sexto do Mahabharata, parte destacada da epopea sagrada hindú. O texto colleu forma entre os séculos VI e II antes de Cristo. Recolle o diálogo entre Krishna e o guerreiro do clan dos Pandavas Arxuna, cando este semella desfalecer antes da batalla contra o clan Kaurava. Krishna, sétima encarnación do deus Vishnu, instrúe sobre o desapego, a impeturbabilidade, a inmortalidade da alma, a irrealidade dos obxectos e o ilusorio do mundo.

O home iluminado non se entristece nin polos vivos nin polos mortos.
Tradicionalmente considérase que o autor é Vyasa, en sánscrito: व्यास, literalmente "compliador" ou "editor", unha figura de carácter mítico.
![]() |
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |