Hermenegildo Calvelo

mestre, xornalista e escritor galego

Hermenegildo Calvelo Rabuñal, nado en Carballo o 20 de xaneiro de 1856 e finado en Ourense a finais de setembro de 1918[1], foi un mestre, xornalista e escritor galego.

Hermenegildo Calvelo
Hermenegildo Calvelo Rabuñal 1917.jpg
Nacemento20 de xaneiro de 1856
 Carballo
Falecementosetembro de 1918
 Ourense
CausaGripe
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor e mestre
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Despois de realizar estudos eclesiásticos, aínda que non chegou a recibir as ordes, desempeñou un posto administrativo na Universidade de Santiago de Compostela mentres estudaba Maxisterio. Obtivo escola en 1885 e foi mestre en Cuntis e dende 1897 en Mourente, cargo do que foi separado por expediente gobernativo en 1904[2]. Comezou a colaborar como xornalista en 1887 no periódico El Libredón de Santiago de Compostela, que acabou dirixindo. Foi director de El Áncora de Pontevedra (1897) e La Voz de Vigo (1909), colaborou en El Restaurador e foi o primeiro director de El Diario de Orense (1914-1918)[3]. En Ourense foi funcionario de Facenda[4]. Morreu no outono de 1918, vítima da epidemia de gripe de 1918.

ObrasEditar

  • Discursos sobre Metafísica.
  • Discursos de don Hermenegildo Calvelo (1885).

NotasEditar

  1. El Progreso, 2-10-1918, p. 3.
  2. El Magisterio Español, 23-1-1904, p. 7.
  3. El Eco de Santiago, 29-12-1913, p. 2.
  4. El Progreso, 27-4-1915, p. 3.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar