Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Marino Dónega
Nacemento3 de marzo de 1916
Lugar de nacementoHuelva
Falecemento1 de abril de 2001
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e político
Marino Dónega firma.jpg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Criado en Lugo, Licenciouse en dereito, foi presidente das Mocedades Galeguistas da Coruña (1936). Para escapar á represión franquista logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao exército. Foi un dos fundadores da Editorial Galaxia en 1950 e o seu presidente entre 1980 e 1996. Tamén foi conselleiro de cultura da Xunta preautonómica (1978). Foi membro da Real Academia Galega, sendo o seu secretario durante case vinte anos, do padroado do Instituto da Lingua Galega, da Fundación Penzol, da Fundación Otero Pedrayo e membro de honra da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Presentouse como independente nas listas da Unión de Centro Democrático nas primeiras eleccións autonómicas.

ObraEditar

EnsaioEditar

  • A memoria e os amigos, Fundación Otero Pedrayo, 1994.
  • De min para vós. Unha lembranza epistolar, 2003, Galaxia.

EdiciónsEditar

Obras colectivasEditar

PremiosEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar