Alejandro Barreiro Noya
Alejandro Barreiro Noya, nado en Santiago de Compostela o 4 de xuño de 1874 e finado na Coruña o 22 de novembro de 1948, foi un escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xuño de 1874 Santiago de Compostela, España |
Morte | 22 de novembro de 1948 (74 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1936–1948) Real Academia Galega (membro correspondente) (1905–1936) |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Augusto Barreiro Noya |
Traxectoria
editarEstudou na Coruña e Santiago de Compostela. Iniciou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia, do que foi director de 1914 a 1937. Publicou contos de xénero costumista e versos en galego e castelán. En 1905 foi designado primeiro Secretario da Asociación da Prensa da Coruña, contribuíndo á súa fundación. Colaborou na prensa de España e América e foi correspondente de Diario de la Marina da Habana, do Diario Español de Buenos Aires e dos xornais madrileños El Imparcial, El Liberal, La Tribuna, ABC, e Blanco y Negro; tamén colaborou en La Hoja del Lunes da Coruña.
Ingresou na Real Academia Galega o 12 de marzo de 1936 coa lectura do discurso Bernardo Barreiro de Vázquez Varela y su tiempo, respondido por Fernando Martínez Morás. Foi secretario desta institución desde 1937 a 1942 de forma interina e desde entón até 1948 xa elixido no cargo. Pertenceu tamén á Academia Provincial de Belas Artes da Coruña e á de San Telmo de Málaga. Membro de Honra da American Society of Heraldy.
Dirixía La Voz de Galicia cando tivo lugar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, e ao non dar a noticia de forma triunfal foi multado e apartado temporalmente do posto, ata que foi cesado definitivamente o 11 de agosto de 1937, substituíndoo o falanxista cántabro Maximiano García Venero. A partir de entón quedou como colaborador do xornal, asinando os seus traballos cos pseudónimos de Herculano e Santiago del Burgo.[1]
Vida persoal
editarCasou con Encarnación López, e foi pai de Alejandro Barreiro López.
Obra
editar- Del arte gallego. Exposición Regional 1917: Bocetos de crítica (La Voz de Galicia, 1917), con prólogo de Antón Villar Ponte.[2]
- Del Arte en Galicia (c. 1925; prólogo de Antón Vilar Ponte).
- A través de Asturias (libro de viaxes).
- De Galicia y de los gallegos (1942).[3]
- "Prólogo" ás Obras completas de Alejandro Pérez Lugín (Madrid, 1945).
- "Betanzos de los Caballeros. Semblanza moderna de un pueblo secular" (premio nos Xogos florais de Betanzos de 1946).[4][5]
- Marineda. Monografía de la reunión de artesanos de La Coruña (1947).
- La ruta de la Casa de la Troya. Estampas, sugestiones y recuerdos (Emos, 1948).[6]
Recoñecementos
editar- Encomenda de Isabel A Católica, Gran Cruz de Wassa (Suecia) e Palmas Académicas de Francia.
- Premio Pérez Lugín da Asociación da Prensa da Coruña en 1942 por De Galicia y de los gallegos
Dende 1968 unha rúa do barrio da Gaiteira, da Coruña, leva o seu nome.[7]
Galería de imaxes
editar-
Co mestre Chané na casa de Francisco Tettamancy en 1912. De pé: Bernardino Álvarez, Robustiano Faginas, Francisco Tettamancy, Modesto Garrido e Florencio Vaamonde. Sentados: Bernardo Faginas, Barreiro, Chané, Manuel Murguía e Uxío Carré Aldao. No chan: Emilio, fillo de Chané.
-
Exposición no Palacio de María Pita, en 1917. De esq. a der., de pé: Tella, Abelenda, Barreiro, Sobrino, Palacios, Seijo, Sotomayor, Lloréns, Castelao, Concheiro, Francés, Madariaga (co chapeu nas mans), González del Villar e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, a Pardo Bazán e Picadillo.
Notas
editar- ↑ Durán, José Antonio (2004). "Corenta anos de periodismo". Atando cabos. USC. pp. 39–43. ISBN 84-9750-400-3.
- ↑ Del arte gallego. Exposición Regional 1917 ficha en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
- ↑ "Noticias. El premio 'Pérez Lugín' a don Alejandro Barreiro". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (269-270): 215. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2018. Consultado o 17 de abril de 2018.
- ↑ Publicado na revista do Centro Gallego de Buenos Aires en 1947 e no número un do Anuario Brigantino (1948). Vales Vía, José-Domingo (2014). "Juegos Florales de Galicia (IV): Juegos Florales de Betanzos (1946)" (PDF). Anuario Brigantino (37): 445–456.
- ↑ Barreiro, Alejandro (1948). "Betanzos de los Caballeros. Semblanza moderna de un pueblo secular" (PDF). Anuario Brigantino (1).
- ↑ La Ruta de la Casa de la Troya imaxe da portada.
- ↑ Fernández, Carlos (25/11/2004). "Un periodista histórico. Barreiro fue director de La Voz, escritor y académico. Desde 1968, da nombre a una calle de A Gaiteira". La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejandro Barreiro Noya |
Bibliografía
editar- "Barreiro Noya, Alejandro". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, A. (1951). "BARREIRO NOYA, Alejandro". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 128.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 236, 495. ISBN 84-8288-137-X.
Ligazóns externas
editar- "Alejandro Barreiro Noya". Real Academia Galega.
- Artigos de Barreiro Noya Arquivado 14 de febreiro de 2023 en Wayback Machine. publicados no Boletín da Real Academia Galega.