Juan Novás

mestre e pedagogo galego
(Redirección desde «Juan Novás Guillán»)

Juan Novás Guillán, nado no Grove o 28 de abril de 1880 e finado en Pontevedra o 26 de abril de 1967, foi un mestre e pedagogo galego.

Juan Novás
Juan Novás Guillán.jpg
Nacemento28 de abril de 1880
Lugar de nacementoO Grove
Falecemento26 de abril de 1967
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncatedrático
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi presidente da Asociación Protectora del Obrero e membro do padroado do Museo Provincial de Pontevedra dende 1930. Dedicouse ao estudo da historia e da arte. Amigo de Xosé Filgueira Valverde, foi militante do Partido Galeguista que logo abandonou con el para entrar na Dereita Galeguista e despois afiliarse a Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Foi o primeiro secretario da Comisión Depuradora do Maxisterio de Pontevedra, posto no que permaneceu até marzo de 1937.[1] Foi concelleiro e tenente de alcalde de Pontevedra

Publicou Educación física. Que debe ser la educación gimnástica en la escuela primaria? Programa de ejercicios que deben practicar los niños (1909) e dirixiu o Boletín de Educación (1934-1936). Foi inspector de ensino primario (1944) e cronista oficial da cidade de Pontevedra (1960-1967). Colaborou en Spes. Revista mensual. Órgano de la Juventud Católica de Pontevedra. Recibiu a Cruz de Afonso X O Sabio.

Vida persoalEditar

Casou con María Viñas del Monte, da que enviuvou, para volver casar cunha compañeira da inspección, María Cruz Pérez.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar