Spes (revista)
Spes foi unha revista editada en Pontevedra entre 1934 e 1962.
Spes | |
---|---|
País | España |
Lugar | Pontevedra |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulada Revista mensual. Órgano de la Juventud Católica de Pontevedra, apareceu o 15 de xuño de 1934. Foi vehículo de expresión da comunidade católica pontevedresa, especialmente da súa xuventude. Estivo dirixida por Gabriel Méndez Rodríguez ata o seu falecemento en 1947, cando o sucedeu Jesús Muíños González. Entre os seus colaboradores figuraron Vicente Risco, Sofía Casanova, Xosé Filgueira Valverde, Xesús Carro, Enrique Chao Espina, Enrique Fernández-Villamil, Paulino Pedret, Celso Emilio Ferreiro e Antonio Rey Soto. Publicou algúns artigos en galego. Entre os artistas colaboraron da revista figuraron Carlos Sobrino Buhigas, Luís Pintos Fonseca, Alejandro Paisa Gil, Agustín Portela Paz e Xosé Sesto.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Spes". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Méndez Martínez, Gonzalo (2005). "Spes". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.