Enrique Chao Espina
Enrique Chao Espina, nado en Viveiro o 7 de xullo de 1908 e finado na Coruña o 19 de xaneiro de 1989, foi un sacerdote, profesor e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1908 ![]() Viveiro, España ![]() |
Morte | 19 de xaneiro de 1989 ![]() A Coruña, España ![]() |
Educación | Universidade de Zaragoza Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote, escritor ![]() |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1954–1989) Real Academia Galega (membro correspondente) (1946–1954) ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou nos seminarios de Mondoñedo e Lugo e ordenouse presbítero en 1931. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Zaragoza e estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. En 1944 doutorouse en Letras pola Universidade Central coa tese Pastor Díaz dentro del romanticismo. Diplomouse en portugués pola Escola Central de Idiomas, foi profesor agregado do Instituto de Puertollano e catedrático da Escola de Comercio da Coruña e o Instituto Eusebio da Guarda.
Foi académico da Real Academia Galega[1], do Instituto Arqueolóxico, Histórico e Etnográfico de Lisboa e Cronista Oficial de Viveiro. Colaborou en toda a prensa galega e gran parte da española e na de América e Portugal. Participou en congresos internacionais celebrados en Portugal. Foi colaborador habitual da prensa local, en especial de La Voz de Ortigueira e do Heraldo de Vivero. O 29 de outubro de 1988 o Concello de Ortigueira aprobou por unanimidade o seu nomeamento como fillo adoptivo de Ortigueira, a proposta do concelleiro Manuel López Foxo (BNG).
Obras
editarEscritor prolífico, unha gran parte da súa produción viu a luz en edición de autor. Fixo estudos teóricos sobre historia, zooloxía e biografías. Sobre aspectos históricos relacionados con Viveiro escribiu numerosos artigos. Tamén se interesou pola zooloxía, publicou varios libros de ensino e relixión, e cultivou algo a poesía.
- Introducción al estudio de la religión (doctrina cristiana). Imprenta Fojo, Ortigueira. 1939. 118 páxs.
- Curso de Lengua Latina. Imprenta Fojo, Ortigueira
- Luis Trelles y Vicente Cociña. Dos vivarienses del siglo pasado, 1948.
- Pastor Díaz dentro del romanticismo. Madrid, Instituto Miguel de Cervantes (CSIC), 1949. 688 páxs.
- Estampas de Vivero. Viveiro, 1952
- Curso de lengua portuguesa, 1958.
- Portugal nas letras espanholas durante o medievo, 1959.
- Pensamientos y aficiones científicas, 1960.
- El Pastor de Cariño: don Jesús Crecente Veiga, en colaboración con Manuel Blanco Villar. Imprenta Fojo, Ortigueira.
- Leyendas gallegas. Madrid, 1968. 29 páxs.
- De Galicia en el pasado siglo XIX. Ladrones, lobos, villas, tipos populares y otros temas. Prólogo de Ramón Otero Pedrayo. Imprenta Fojo, Ortigueira.1971.
- Barbas, barbudos y barbudas, 1972.
- Nicomedes Pastor Díaz. De Villahermosa a la China, 1972.
- Diferenças entre o vocabulario portugués e o galego, 1972.
- Algumas diferenças entre o galego e o portugués, 1973.
- Nuevo tría corda. Versos y prosas y traducciones en varias lenguas, 1974.
- Tres monstruos de los mares gallegos, con otros temas marineros. Imprenta Fojo, Ortigueira. 1975. 337 páxs.
- La costa lucense y coruñesa en los caminos de San Andrés de Teixido.
- Vivero a los cuatro vientos, 1976.
- Libro y guía de Vivero, 1976.
- Da Galiza e Portugal, 1976.
- Los normandos en Galicia y otros temas medievales, 1977.
- Cien años de Galicia, Tomo I, El bandolero Toribio, seminarios, cronistas y otros temas (1850-1950). Viveiro, 1977. 315 páxs.
- Farrapos e farangullas, 1978.
- Manuel Bujados: un artista vivariense olvidado, 1978.
- La antigua muralla de Vivero y sus puertos, 1981.
- Leyendas de Galicia y otros temas narrativos, 1981.
- Yobel: memorandum en el año de mi jubilación profesoral: 1908-1978.
- La zoología y los animales en la obra del padre Feijóo. Ed. do Castro, Sada, 1983. 376 páxs.
- Breviario de pueblos coruñeses: veinticinco estampas, 1986.
- Historia de Vivero. Ed. do castro, Sada. 1986. 322 páxs.
- Libro de Santa Marta de Ortigueira. Imprenta Fojo, Ortigueira, 1987. 193 páxs.
- De las costas del condado de Ortigueira hasta El Ferrol. A Coruña, 1983. 168 páxs.
- Para Ortigueira, mi segunda patria chica. Imprenta Fojo, Ortigueira.1988. 73 páxs. (discurso con motivo do nomeamento como Fillo Adoptivo de Ortigueira).
- Hechos y trágica muerte de D. Alonso Pérez de Vivero. Discurso lido o día 24 de abril de 1954 polo ilustrísimo señor don Enrique Chao Espina e resposta do excelentísimo señor don Sebastián Martínez-Risco. Real Academia galega, A Coruña, 2019.44 páxs.
Premios
editar- Pérez Lugín (1945).
- Virxe do Carme (1947, 1949 e 1951).
- Certames do Corpus da Coruña.
- Primeiro premio no certame literario entre portugueses e españois, Lugo, 1946.
- Primeiro premio de romances en galego nos Xogos Florais de Betanzos.
- Primeiro premio en prosa nos Xogos Florais do Cantábrico (1966).
Notas
editar- ↑ "Enrique Chao Espina". Real Academia Galega.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Chao Espina, Enrique". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 248.
- "Chao Espina, Enrique". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, A. (1951). "CHAO ESPINA, Enrique". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 335.
- Fernández del Riego, Francisco (1992). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. p. 107.