Heraldo de Vivero
Heraldo de Vivero é unha publicación periódica que se edita en Viveiro dende 1912.
Historia e característicasEditar
O seu primeiro número apareceu o 17 de febreiro de 1912 editado polo liberal Benigno López Muñoz. Estaba dirixido por Pedro Pérez Barreiro, que finou en 1912, sucedeuno Esteban Fernández Temprano e despois Antonio Vale, continuou Francisco García ata 1923, cando Benigno López lle traspasou a Ramón Canosa a responsabilidade de dirixir e imprentar o periódico. Por mor da Guerra Civil española tivo que deixar de publicarse en 1937, volveu saír brevemente de 1963 a 1966. En 1966 unha aplicación estrita da Lei Fraga obrigou a pechar o periódico durante un ano. En 1968 dirixido por Xosé Trapero Pardo volveu á rúa con periodicidade semanal. O seu actual director é Juan Carlos Neira Brochs, fillo de Luis Neira, que foi impresor, redactor e director durante décadas.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- El semanario local más veterano cumple un siglo
- Heraldo de Vivero cumple un siglo de vidaArquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine., número especial do periódico do 17 de febreiro de 2012.