Salvador Pérez-Labarta Pillado
Salvador Pérez-Labarta Pillado, nado en Ribadeo o 25 de maio de 1909 e finado na provincia de Lleida o 10 de novembro de 1938, foi un xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de maio de 1909 Ribadeo, España |
Morte | 10 de novembro de 1938 (29 anos) Provincia de Lleida, España |
Causa da morte | morte en combate (batalla do Segre) |
Alcalde de Viveiro | |
agosto de 1936 – 1936 ← Balbino Cerdeiras – Ramón Palmeiro Maseda → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Traxectoria
editarFillo de Salvador Pérez Labarta, farmacéutico de Ribadeo, e Remedios Pillado Miranda, dona do pazo de Grallal. Fixo o bacharelato en Lugo. Membro da Juventud Católica de Viveiro, foi director de Heraldo de Vivero en 1929.[1] Na República foi correspondente de Alborada en Viveiro, onde publicou varios artigos. Militante do Bloque Nacional, foi elixido presidente do comité de Viveiro en decembro de 1935.[2] Despois afiliouse a Falange.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Viveiro a principios de agosto.[3] Cesou ao pouco tempo para marchar á fronte. Fíxose alférez provisional de Infantería na Academia de Granada, participou nalgúns combates e foi ferido, retornando a Lugo onde estivo hospitalizado. Colaborou en El Pueblo Gallego, Martín Codax, Imperio, Cartel, e deu un ciclo de "charlas nacionalsindicalistas" en Radio Lugo.[4] Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en xaneiro de 1938.[5] Volveu á fronte como oficial da Lexión Española o e morreu na fronte do Segre o 10 de novembro de 1938.[6]
O seu irmán José María Pérez-Labarta Pillado, que ao mando dun grupo de falanxistas asaltou os locais de Unión Radio de Valencia o 10 de xullo de 1936, foi detido, xulgado e condenado a morte, sendo fusilado en Valencia o 30 de decembro de 1936.
Recoñecementos
editarO concello de Viveiro deulle o nome Hermanos Pérez Labarta a unha rúa en Covas en 1943,[7] e colocou no salón de sesións unha lápida de mármore na súa honra.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Donapétry, Juan (1951). "Juan Dutton y sus descendientes". Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo IV (36): 263–267.
Predecesor: Balbino Cerdeiras Rey |
Alcalde de Viveiro 1936 |
Sucesor: Ramón Palmeiro Maseda |