Ramón Palmeiro Maseda

avogado, empresario e político galego

Ramón Palmeiro Maseda, nado no Valadouro cara a 1876 e finado en Viveiro o 12 de febreiro de 1967, foi un avogado, empresario e político galego.

Infotaula de personaRamón Palmeiro Maseda
Biografía
Nacemento1876 Editar o valor em Wikidata
O Valadouro, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de febreiro de 1967 Editar o valor em Wikidata (90/91 anos)
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Viveiro
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Combatiu na guerra de Cuba. Foi secretario do Xulgado municipal de Alfoz en 1906.[1] Foi nomeado sustituto do rexistrador da propiedade de Viveiro en 1913.[2] Procurador en Viveiro dende 1913,[3] foi propietario do Hotel Villa Venecia de Viveiro. Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Viveiro en 1924,[4] presentou a dimisión a principios de 1927.[5] Na República foi elixido tesoureiro-contador do Partido Republicano Independiente, escisión da Federación Republicana Gallega, constituído en Viveiro en marzo de 1933 baixo a presidencia de José Santiago Seijo.[6] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado presidente da Comisión Xestora de Viveiro en setembro de 1936.[7] Cesou no cargo en 1938. Finou en Viveiro o 12 de febreiro de 1967.[8][9]

Vida persoal editar

Casou con Josefa Fernández Palmeiro e foi pai de Elvira, Ramón, José e Rosalía Palmeiro Fernández.[10]

Notas editar

  1. BOP Lugo, 31-5-1906, p. 3.
  2. El Norte de Galicia, 13-1-1913, p. 2.
  3. Diario de Galicia, 26-10-1913, p. 1.
  4. BOP Lugo, 23-9-1924, p. 2.
  5. El Heraldo Gallego, 17-4-1927, p. 6.
  6. El Pueblo Gallego, 9-3-1933, p. 9.
  7. BOP Lugo, 26-9-1936, p. 2.
  8. El Progreso, 14-2-1967, p. 7.
  9. El Progreso, 16-2-1967, p. 7.
  10. El Pueblo Gallego, 16-2-1967, p. 16.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Salvador Pérez-Labarta Pillado
  
Alcalde de Viveiro
 
1936 - 1938
Sucesor:
Tomás Galdo López