Abrir o menú principal

Balbino Cerdeiras

dentista e político galego
(Redirixido desde "Balbino Cerdeiras Rey")

Balbino Cerdeiras Rey, nado en Viveiro en 1903 e finado en Lugo o 12 de maio de 1937, foi un dentista e político galego.

Balbino Cerdeiras
Nacemento1903
 Viveiro
Falecemento12 de maio de 1937
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónodontólogo e político
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Estivo emigrado en Cuba. Regresou a Viveiro e na Segunda República militou no Partido Galegista, foi nomeado alcalde de Viveiro coa Fronte Popular en abril de 1936[1]. Tralo Alzamento Nacional foi detido xunto a algúns concelleiros o 27 de xullo, permaneceu en situación de arresto domiciliario durante varios días, até que ingresou no cárcere a principios de agosto. Foi xulgado, xunto con outros membros da corporación municipal, por rebelión militar, sendo fusilado en Lugo o 12 de maio de 1937.


Predecesor:
José Santiago Seijo
  
Alcalde de Viveiro
 
1936
Sucesor:
-

HomenaxesEditar

O paseo fluvial que percorre o río Landro dende Verxeles até Portochao leva, dende o ano 2007, o seu nome[2], ademais recibiu diversas homenaxes, xunto con outros represaliados polo franquismo, a último realizada por Galiza Nova o 18 de decembro de 2010[3].

NotasEditar

  1. David Simón Lorda. Ourense Dixital, ed. "Médicos ourensáns represaliados na guerra civil e na posguerra". Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 
  2. La Voz de Galicia, ed. (24 de outubro de 2007). "El paseo del Landro lleva el nombre del último alcalde republicano". Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 
  3. La Voz de Galicia, ed. (12 de decembro de 2010). "Galiza Nova renderá homenaxe en Viveiro aos represaliados do franquismo". Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar