Galiza Nova
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2020.) |
Galiza Nova é a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego, fundada no ano 1988.
Galiza Nova | |
---|---|
Organización xuvenil de Galiza | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Marta Gómez Martín |
Historia | |
Fundación | 1988 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialismo Nacionalismo galego Comunismo Feminismo Ecoloxismo Independentismo galego |
Outros datos | |
Sede | Santiago de Compostela |
Na rede | |
galizanova.gal/ | |
Historia
Galiza Nova é a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego (BNG) que ten como función básica a organización e a mobilización da mocidade de cara a acadar a liberación nacional de Galiza e a transformación da sociedade actual. Trátase dunha organización ampla, plural e democrática que adopta as súas decisións tras un amplo proceso de debate aberto a toda a militancia. O seu funcionamento baséase no asemblearismo, estruturándose en agrupacións locais e comarcais. O máximo órgano é a Asemblea Nacional que se celebra cada dous anos, e á que ten dereito a asistir toda a afiliación.
Aínda que estatutariamente era unha organización independente, axiña comezou a funcionar como organización xuvenil do BNG, ata que na II Asemblea (Compostela, 1990) aprobouse o ingreso no BNG. Isto levou a parte dos seus membros a cargos institucionais e a unha estrutura idéntica á do BNG do momento e que segue sen variar ata o día de hoxe.
Definen como obxectivos políticos a "liberación nacional e a transformación da sociedade (sen explotación nacional, de clase ou xénero e desmilitarizada)", reivindican unha Galiza plenamente soberana como culminación do proceso de autodeterminación nacional. Aspiran a unha sociedade cualitativamente distinta, que supere as inxustizas da actual e onde a igualdade e a democracia sexan reais, así como garantir unha mellora nas condicións de vida e benestar social para a mocidade e para o conxunto dos galegos e galegas. Tamén defenden que as relacións entre as diferentes nacións do mundo se fundamenten na igualdade e solidariedade internacionalista.
Estrutura interna
Galiza Nova é unha organización asemblearista estruturada en agrupacións locais e comarcais. O órgano máximo é a Asemblea Nacional, da que forman parte todas e todos os militantes e que escolle a metade da Dirección Nacional, de dirección entre Asembleas. A outra metade está formada por un representante de cada comarca. A máxima representación da organización osténtaa a Secretaria ou Secretario Xeral.
Correntes
En Galiza Nova existen principalmente dúas correntes (os estatutos non recoñecen a existencia de organizacións):
- Unión da Mocidade Galega (UMG), mocidades da UPG.
- Isca!, vinculada ao Movemento Arredista.
Secretaría xeral
- Catuxo Álvarez (1988-1990)
- Manuel Antelo (1990-1992)
- Bieito Lobeira (1992-1996)
- Martiño Santos (1996-2000)
- Rubén Cela (2000-2004)
- Xosé Emilio Vicente (2004-2007)
- Iria Aboi (2007-2012)
- Alberte Mera García (2012-2016)
- Alberte Fernández Silva (2016-2019)
- Paulo Ríos Santomé, Kai (2019-2021)
- Marta Gómez Martín (2021- )[1]
Notas
- ↑ "@SrtaMGM nova secretaria xeral de Galiza Nova tras a XVI Asemblea Nacional". Consultado o 11 de setembro de 2021.