Fronte Popular

coalicións electorais da década de 1930

Fronte Popular foi o nome dado a varias coalicións electorais da década de 1930 entre partidos de sensibilidade democrática e antifascista, que abarca desde sectores da clase media democrática ás forzas populares de base traballadora de partidos de esquerda e esquerda radicais. Os seus compoñentes principais eran partidos burgueses liberais ou de centroesquerda (radicais ou republicanos) xunto aos partidos de esquerda (socialistas e comunistas) .

Fronte Popular
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Estas coalicións cristalizaron na Europa dos anos 30 para facer fronte ao perigo do ascenso do fascismo e o nazismo e a ameaza da destrución da democracia a través dun baleirado das propias institucións constitucionais tras caer o goberno ou o parlamento en mans do fascismo. A política de clase contra clase imposta pola Komintern impediu unha alianza efectiva das forzas democráticas ao prohibir aos partidos comunistas participar nelas; esta posición variou posteriormente á destrución da República de Weimar e facerse co poder Adolf Hitler en Alemaña. A Komintern e a política exterior soviética (resolucións VIII Congreso (1935) cambiaron a súa liña e propiciaron unha postura máis flexible e de achegamento a todas as forzas democráticas e facilitase a formación de gobernos democráticos de ampla base. En calquera caso, o concepto de Fronte Popular xorde dunha necesidade sentida por amplas masas da poboación ante o perigo fascista e non son froito da Komintern, senón que máis exactamente, esta propiciou a entrada dos comunistas en tales alianzas e favoreceu o achegamento dos partidos comunistas e socialdemócratas. O propósito da Fronte Popular era unir as forzas obreiras e as burguesas consideradas progresistas baixo un programa básico consistente en impulsar reformas sociais e laborais e unha defensa incondicional do sistema democrático e unir as forzas de centro e esquerda contra a dereita e os grupos fascistas.

No Estado Español

editar

No caso de España tamén contou co apoio dos anarquistas, sendo que estes usualmente rexéitanos por consideralos fórmulas populistas de facer política. Estes últimos pediron o voto entre os seus seguidores ao coñecer a intención que tiña a Fronte Popular de liberar cando chegase ao poder a todos os presos froito da represión da Folga Xeral de outubro de 1934.

Diversas frontes

editar

As coalicións máis destacables son: