Cartel (1937)

revista de Vigo (1937)

Cartel foi unha revista editada en Vigo en 1937.

Cartel
Lugar de publicaciónVigo
Lingualingua castelá
Fundaciónxaneiro de 1937
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulada Panorama mensual de literatura y arte, apareceu en xaneiro de 1937. Segundo o seu editorial aspiraba "a ser revista del hogar español" e "sus postulados esenciales son Patria, Religión y Familia.[1] Estaba dirixida por Antonio Otero Coira. A portada do primeiro número era unha fotografía de Francisco Franco,[2] e a do número 4 un retrato ao óleo do xeneral Antonio Aranda Mata.[3] Tiña fotograbados en cor.[4] Entre os seus colaboradores figuraron Julio Sigüenza, Salvador Pérez-Labarta Pillado, César González Ruano, José Sanz Díaz, José María Pemán, Jesús María de Arozamena, Carlos Areán Estévez, Jeromy Barry, Sofía Casanova e Mario Figorela Díaz.[5] En xullo publicou un número extraordinario con motivo do aniversario da morte de José Calvo Sotelo[6]

En 1945 apareceu Cartel, que pode considerarse como a súa continuación.

Notas editar

  1. Progreso, 19-1-1937, p. 2.
  2. El Eco de Santiago, 21-1-1937, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 24-4-1937, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 30-3-1937, p. 2.
  5. Noticiero de Soria, 10-5-1937, p. 1.
  6. El Pueblo Gallego, 13-7-1937, p. 8.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar