Nicomedes Pastor Díaz

escritor, xornalista e político galego

Nicomedes Pastor Díaz Corbelle, nado en Viveiro o 15 de setembro de 1811 e finado en Madrid o 22 de marzo de 1863, foi un escritor, xornalista e político galego do Romanticismo. Foi ministro plenipotenciario en Lisboa e ministro de Graza e Xustiza con Leopoldo O'Donnel.

Modelo:BiografíaNicomedes Pastor Díaz

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Nicomedes Pastor Díaz Corbelle Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1811 Editar o valor en Wikidata
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de marzo de 1863 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaigrexa de San Francisco de Viveiro Editar o valor en Wikidata
Ministro de Graza e Xustiza
17 de xaneiro de 1863 – 9 de febreiro de 1863
← Santiago Fernández Negrete (en) TraducirPedro Nolasco Aurioles Aguado (mul) Traducir →
Embaixador de España no Reino de Portugal
1859 – 1861
Senador de España
15 de xullo de 1858 – 22 de marzo de 1863
Circunscrición electoral: senador vitalicio
Ministro de Estado de España
14 de xullo de 1856 – 12 de outubro de 1856
← Juan Zavala de la PuentePedro José Pidal →
Deputado no Congreso dos Deputados
4 de xuño de 1851 – 2 de decembro de 1852
Circunscrición electoral: Navalmoral de la Mata
Deputado no Congreso dos Deputados
16 de abril de 1847 – 23 de novembro de 1847
← José Sánchez Ocaña López de Hontiveros (mul) Traducir
Circunscrición electoral: Pozoblanco
Ministro de comercio de España
28 de marzo de 1847 – 31 de agosto de 1847
← Mariano Roca de Togores CarrascoAntonio Ros de Olano →
Reitor da Universidade Complutense de Madrid
1846 – 1850
← Florencio Rodríguez VaamondeClaudio Moyano →
Deputado no Congreso dos Deputados
14 de outubro de 1844 – 31 de outubro de 1846
Circunscrición electoral: Provincia de Cáceres
Deputado no Congreso dos Deputados
11 de novembro de 1843 – 10 de xullo de 1844
Circunscrición electoral: Provincia da Coruña
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Formación profesionalFilosofía
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Alcalá (histórica) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndiplomático, escritor, político, poeta Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión Liberal Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía
MovementoRomanticismo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Pastor Díaz (Nicomedes), p.333)
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 4876 BNE: XX883039 Bitraga: 1145 BUSC: diaz-nicomedes-pastor-1811-1863

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar
Familia

Creceu no seo dunha familia numerosa. Foi o terceiro de dez irmáns, oito mulleres e dous homes, e puxéronlle de nome o do santo do día, San Nicomedes, ao que lle engadiron o equivalente masculino do nome da súa madriña, Pastora. O seu pai, Antonio Díaz, desempeñaba un posto de oficial administrativo da Armada, e co tempo chegou a ser titular da contadoría de correos de Lugo. A nai era María Corbelle natural da parroquia de San Xoán de Covas, en fronte dos Castelos, á beira do Pazo e da praia de Grallal. Aínda que era pouco habitual para a época, todos os irmáns sobreviviron a infancia. O seu único irmán home, Felipe Benicio, foi interventor de pagos no Ministerio da Gobernación e Deputado a Cortes.

Formación

Aos sete anos comezou os estudos no Colexio Insigne da Natividade da Nosa Señora, institución educativa que fundara María Sarmiento de Ribadeneira nun testamento datado en 1563. Nicomedes estudou no Seminario conciliar de Viveiro e despois cursou estudos de Filosofía no Seminario de Mondoñedo (1823).

Pode que o seu interese no emprego do galego como lingua literaria estivese influída por don Antonio María de Castro e Neira, o crego de Argomoso, profesor de filosofía do Real Seminario, autor das panxoliñas que musicou o mestre Pacheco. Na Universidade de Santiago de Compostela comezou xurisprudencia, pero viuse afectado polo peche das universidades decretado por Fernando VII e o seu ministro Francisco Tadeo Calomarde, e trasladouse á Universidade de Alcalá, onde se titulou avogado en 1833.

Carreira política e cargos en Madrid

editar

Varios valedores facilitaron o seu ingreso na sociedade madrileña. Por un lado, Manuel Fernández Varela, Comisario Apostólico Xeral de Cruzada, cargo eclesiástico de importancia desde o que favorece o desenvolvemento do Reino de Galicia. Por outro, o xeneral Manuel Latre, militar liberal destacado nas guerras carlistas, que se fixou nel para recomendar postos importantes, como o de oficial na delegación de Fomento de Cáceres.

Conservador e monárquico; leal a María Cristina, inimiga de Baldomero Espartero, a quen atacou dende o semanario El Conservador (1841), xornal fundado por Antonio de los Ríos Rosas, Joaquín Francisco Pacheco e Francisco de Cárdenas Espejo. Karl Marx, referíndose á súa etapa consular en Turín, chamoulle "moderado de moi dubidosa capacidade".[1]

En 1835 colaborou na refundación do Ateneo e neste mesmo ano o ministro Javier de Burgos, nomeou a Díaz, pola mediación do xeneral Latre, oficial do ministerio de Gobernación en Cáceres, empezando así unha carreira política imparable. En 1836 noméano Secretario de Goberno político de Santander e posteriormente xefe político de Segovia. En 1843 foi deputado pola Coruña e un ano despois foi elixido por Cáceres e máis tarde por Navalmoral de la Mata. Tamén foi nomeado Secretario do Banco de Isabel II.

O 9 de setembro do ano 1847 foi nomeado reitor da Universidade de Madrid e no mesmo ano aparece á fronte do Real Consello de Agricultura, Industria e Comercio. Foi Secretario da Gobernación e numerario da RAE. Durante cinco meses foi Ministro de Comercio, Industria e Obras Públicas.

Literatura

editar

Outro dos seus valedores en Madrid, xa no mundo das letras, foi o académico Manuel José Quintana. Por mediación deste coñeceu a Juan Donoso Cortés, Juan Nicasio Gallego, Ventura de la Vega, José de Espronceda, Mariano José de Larra e Serafín Estébanez Calderón e outros, entre os que se atopaba o que anos máis tarde sería o seu gran amigo e protexido: José Zorrilla. Esta boa relación chega ao punto de que o prólogo da primeira edición de Don Juan Tenorio, a obra máis famosa de Zorrilla, está asinado por Nicomedes Pastor Díaz. Daquela frecuentaba o faladoiro de El Parnasillo e publicaba en diversas revistas madrileñas, como El Artista, La Abeja e El Siglo (homónima da publicación coruñesa), onde estivo na redacción con Antonio Ros de Olano e José de Espronceda.

Nicomedes Pastor ía ser o prologuista de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, mais faleceu antes de o facer.[2]

Estilo

Foi un poeta romántico clásico. O contido da súa obra era a negrura, o pasamento e a morte. Expresou o desexo de que os seus restos repousasen na veiga do río Landro, auga nutricia da ría de Viveiro.

Tivo un grande agarimo á súa terra natal e así o daba a entender nunha das súas cartas, escrita o 23 de marzo de 1851 a Antonio Neira de Mosquera, xornalista galego en Madrid. A carta di textualmente:

Galicia es para mí el país en el que he nacido: tiene para mí imaginación una belleza poética, como un paisaje pintoresco, como un recuerdo romántico, como una reliquia histórica.[3]
Obra en galego

Escribiu dous poemas en lingua galega, a "Alborada" é un deles, datado en 1823. O 11 de marzo de 1828 publicou no Museo Artístico Literario unha alborada de carácter neoclásica, de liras e estancias de seis versos. En 1951 Álvarez Blázquez descubriu unha égloga súa (Égloga de Belmiro e Benigno), posiblemente escrita antes cá alborada e de carácter máis ben romántico.[4]

Obra en castelán

Escribiu obras de poesía e novelas como Una cita (novela curta ambientada en Galicia) ou De Villahermosa a la China. Coloquios de la vida íntima (1855), amais de artigos sobre xurisprudencia e política.

  1. "Marx e Engels - A Revoluçao Na Espanha ; PDF". Scribd. [cando?]. p. [cómpre nº de páxina]. Consultado o 2022-07-31. 
  2. Chao Espina 1995, p. 381.
  3. Galdo, Fausto. "Nicomedes Pastor Díaz: a súa relación con Viveiro". O resplandor primeiro. Estudos en homenaxe a Nicomedes Pastor Díaz. p. 24. 
  4. Tarrio Varela, A. (1994). Literatura galega, Xerais. páx. 102.
  5. A homenaxe foi proposta por Murguía e fíxose grazas á colaboración do Centro Galego da Habana. A estatua foi moldeada por Josep Campeny e fundida en Barcelona.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar