Panxoliña
A panxoliña[1] é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo Nadal.
Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral. As panxoliñas, pola contra, son cancións populares cantadas polo pobo, en grupo ou individualmente ante o Belén ou na festa do Nadal.
Sábese da existencia de panxoliñas desde o século XV, mais non nos chegou ningún documento que explique as súas características, só referencias a como se organizaban os veciños para lle iren cantar ao neno Xesús e ao portal dos Reis.
Etimoloxía
editarO nome panxoliña procede das dúas primeiras palabras do himno Pange lingua gloriosi corporis mysterium escrito por Tomé de Aquino no século XIII.[2] A recuperación do termo tivo lugar en 1958 coa publicación do texto de Cipriano Torre Enciso.
Panxoliñas
editarNotas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para panxoliña. Consultado o 24-12-2017.
- ↑ Em galego (28 de novembro de 2018). "Em galego chamamos habitualmente PANJOLINHA às canções de Natal. Mas, sabedes qual é a origem?". Consultado o 30 de novembro de 2018.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- O nadal nas letras galegas (1940-1979), por Xesús Alonso Montero, en PDF
- Características das panxoliñas e outros cantares
- Sobre o Nadal galego e tres panxoliñas para oírmos
- Vídeo musical: Vinde vir o neno
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |