Ría de Viveiro
A ría de Viveiro é unha ría da provincia de Lugo, en Galicia. Forma parte das rías Altas.
Tipo | ría | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | España | |||
| ||||
Está formada pola desembocadura do río Landro, que percorre 42 km ata forma esta enseada. Está nos concellos de Vicedo, Viveiro e Xove. Ábrense á ría o porto pesqueiro da parroquia de Celeiro, a capital municipal do concello e a zona residencial de segunda vivenda na parroquia de Covas. Dentro dela están a Praia de Covas, Praia de Area, Praia de Seiramar, Praia de Sacido, Praia de Abrela, Praia de Portonovo, ou Praia de Esteiro. Así como as illas de Area, Gabeira ou Queimada.
Imaxes da ría
editar-
Canle de saída da ría
-
Vistas do porto deportivo
-
Vista da zona de Covas