A praia de Covas é unha praia de 1650 m de lonxitude, situada no concello de Viveiro. Esta praia goza de instalacións e servizos, e de alta ocupación na tempada estival, dotada de paseo marítimo, de augas tranquilas, con equipos de salvamento e seguridade e acceso para discapacitados.

Praia de Covas
Vista da praia de Covas.
Coordenadas: 43°40′18″N 7°36′14″O / 43.671584, -7.603858
Posto de primeiros auxilios Accesible a discapacitados
Características xerais
Lonxitude1650 m
Largo medio70 m
Grao de ocupaciónAlto
Grao de urbanizaciónPraia semiurbana
Paseo marítimo
Características específicas
ComposiciónArea
Tipo de areaFina e branca
Condicións do bañoOndada moderada
Aspectos medioambientais
Presenza de vexetaciónSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Sinalización do perigoSi
Policía localSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Accesible a discapacitados
Tipo de accesoFácil a pé
Sinalización do acceso

Na parte occidental da praia hai unhas rochas sobresaíntes coñecidas como Os Castelos. Nestas rochas levántase un monumento dedicado á lembranza da Santa María Magdalena e do bergantín Palomo que naufragaron xuntos nunha noite de terrible temporal, o ano 1810 causando máis de 500 vítimas.[1] Restos do naufraxio adornan algúns cantos da cidade: canóns no Parque de Pernas Peón[2], xunto á praia de Covas, e áncoras nalgunha praza da zona urbana, e no propio monumento dos Castelos.

Notas editar

  1. "Museo Naval de Ferrol - Armada Española". armada.mde.es. Consultado o 15 de febreiro de 2011. 
  2. "El Pernas Peón de Viveiro, menos parque tras la tala, ¿un circuito multideporte?". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-03-14. Consultado o 2022-01-28.