Manuel Fernández Varela

Manuel Fernández Varela, nado en Ferrol en 1772 e finado en Madrid en 1834 [1] [2] foi un relixioso e teólogo galego, comisario xeral da Cruzada, e membro da Real Academia da Historia.

Manuel Fernández Varela
Nome completoManuel Fernández Varela
Nacemento21 de setembro de 1772
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento28 de setembro de 1834
Lugar de falecementoMadrid
CausaCólera
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónrelixioso
PremiosGran Cruz da Orden de Carlos lll
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Cargos eclesiásticos en Galiza e Madrid editar

Foi cóengo deán da catedral de Lugo en 1807.[3] Conselleiro de Estado, mantivo unha boa amizade co duque do Infantado, do rei Fernando VII. Persoa de ideas ilustradas e con gran sentido político, exerceu unha grande influencia política durante o período absolutista e acumulou grandes riquezas ao longo da súa vida.[4] Como resultado, foi nomeado por Francisco Tadeo Calomarde[5] Comisario Xeral da Cruzada en 1824.[1]

Mecenado editar

Mantivo unha boa relación co pintor de cámara do rei, e o seu labor como mecenas foi moi destacado.[1] Sempre entou reavivar as artes e as ciencias,[5] entre os seus actos, entregoulle á Real Academia de Belas Artes, da que foi vicerreitor, varios lenzos.[1] No eido literario destaca o acto de conmemoración de Miguel de Cervantes colocando unha lápida na casa na que residía en Madrid.[6] Tamén era afeccionado á música,[1] até o punto de que Rossini, con quen mantivo unha boa amizade,[3] compuxo un Stabat Mater na súa honra.[1][7]

Favoreceu a galegos destacados, entre eles Nicomedes Pastor Díaz, e fomentou desde os seus cargos en Madrid o desenvolvemento e saneamento do Reino de Galiza.

Recensións e recoñecementos editar

O escritor Benito Pérez Galdós descríbeo como alguén de corazón xeneroso, amante das artes e das letras, magnate e mecenas, arrogante e simpático, afable, galán e de boas maneiras.[8]

Su corazón generoso, su amor a la esplendidez, a las artes, a las letras, a todo lo que fuera distinguido y antivulgar, su trato cortesano, las cuantiosas rentas de que dispuso hacían de él un verdadero prócer, un Mecenas, un magnate, superior por mil conceptos a los estirados e ignorantes señorones de su época, a los rutinarios y suspicaces ministros. Era la figura del Sr. Varela arrogante y simpática, su habla afabilísima y galante, sus modales muy finos. Vestía con magnificencia y adornaba el severo vestido sacerdotal con pieles y rasos tan artísticamente que parecía una figura de otras edades. En su mesa se comía mejor que en ninguna otra, de lo que fueron testimonio dos célebres gastrónomos, a quienes convidó y obsequió mucho. El uno se llamaba Aguado, marqués de las Marismas, y el otro Rossini, no ya marqués, sino príncipe y emperador de la Música [...] En efecto, la mesa de este generoso y espléndido sacerdote era la mejor de Madrid. A sus salones de la plazuela de Barajas concurría gente muy escogida, no faltando en ellos damas elegantes y hermosas, porque, a decir verdad, el Sr. Varela no estaba por el ascetismo en esta materia.[9]

Foi nomeado membro da Real Academia da Historia o 27 de setembro de 1802 e tamén recibiu o colar da Orde de Carlos III [10]

Pasamento editar

Morreu en Madrid a causa do cólera en 1834.​[11]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (ed.). "Manuel Fernández Varela, Comisario General de Cruzada". ceres.mcu.es. 
  2. Indice Historico Espanol (en castelán). Edicions Universitat Barcelona. 
  3. 3,0 3,1 Indice Historico Espanol (en castelán). Edicions Universitat Barcelona. 
  4. A. Barrientos, Joaquín (2011). Larra en el mundo: la misión de un escritor moderno (en castelán). Alacant: Universitat d'Alacant. p. 302. 
  5. 5,0 5,1 Historia de la vida y reinado de Fernando VII de España... (en castellà). Madrid: Imprenta Repullés. 1842. 
  6. Mesonero Romanos, Ramón de (1842). Escenas matritensenses (en castellà). Madrid: Imprenta de Yenes. p. 133-134. 
  7. Diario, Nós (2021-08-20). "O 'Stabat Mater' de Rossini e un clérigo de Ferrol". Nós Diario. Consultado o 2022-07-30. 
  8. Pérez Galdós, Benito (2012). Los Apostólicos (en castellà). Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. 
  9. Pérez Galdós, Benito, Los apostólicos, Alicante : Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2001, cap. XV.
  10. Memorias de la Real Academia de la Historia (en castelán). Madrid: Imprenta de Sancha. 1817. p. 70. 
  11. Indice Historico Espanol (en castelán). Edicions Universitat Barcelona. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar