Leopoldo O'Donnell

Leopoldo O'Donnell y Jorís, nado en Santa Cruz de Tenerife o 12 de xaneiro de 1809 e finado en Biarritz (Francia) o 5 de novembro de 1867, foi un militar e político español. Foi nomeado primeiro Duque de Tetuán, Conde de Lucena e Vizconde de Aliaga.

Infotaula de personaLeopoldo O'Donnell

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalLeopoldo O'Donnell y Jorís
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1809 Editar o valor en Wikidata
Santa Cruz de Tenerife, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de novembro de 1867 (68 anos)
Biarritz, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaconvento das Salesas Reais Editar o valor en Wikidata
Presidente do Goberno de España
21 de xuño de 1865 – 10 de xullo de 1866
← Ramón María NarváezRamón María Narváez →
Presidente do Goberno de España
30 de xuño de 1858 – 2 de marzo de 1863
← Francisco Javier de IstúrizManuel Pando Fernández de Pineda →
Presidente do Goberno de España
14 de xullo de 1856 – 12 de outubro de 1856
← Baldomero EsparteroRamón María Narváez →
Presidente do Goberno de España
14 de xullo de 1856 – 12 de outubro de 1857
← Baldomero EsparteroRamón María Narváez →
Deputado no Congreso dos Deputados
18 de novembro de 1854 – 2 de setembro de 1856
Circunscrición electoral: provincia de Valencia
Senador de España
15 de agosto de 1845 – 5 de novembro de 1867
Circunscrición electoral: senador vitalicio
Governor and Captain General of Cuba (en) Traducir
outubro de 1843 – 20 de febreiro de 1848
← Francisco Javier de Ulloa (en) TraducirFederico Roncali →
Capitán Xeneral de Valencia
1 de marzo de 1839 – 26 de setembro de 1840
← Antonio Van Halen (pt) TraducirAntonio Seoane Hoyos (pt) Traducir →
Captain General of Aragon (en) Traducir
1 de marzo de 1839 – 29 de setembro de 1840
← Antonio Van Halen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión Liberal Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata
PaiCarlos O'Donnell y Anethan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarlos O'Donnell Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1519189

Traxectoria

editar

Nace nunha familia de devanceiros monárquicos irlandeses[1] con grande tradición militar, o seu tío foi Enrique José O'Donnell Conde de La Bisbal. O'Donnell continuou a tradición familiar ingresando no rexemento de infantaría Imperial Alejandro co grao de subtenente.

Á morte de Fernando VII en 1833, estalou a primeira guerra carlista e entre os partidarios da filla de Fernando Isabel II (isabelinos) e os do seu tío e irmán de Fernando VII Carlos María Isidro de Borbón (carlistas); O'Donnell, que tiña daquelas o grao de capitán, aliñouse co bando isabelino, a pesar de ter irmáns e ao seu propio pai no bando carlista. Por distintos feitos de armas no conflito, ascendeu sucesivamente a coronel, logo a brigadier e en xuño de 1837 a mariscal de campo. A defensa de San Sebastián fronte as tropas carlistas en 1838 deulle unha gran notoriedade e fama[1] polo que en 1839, foi nomeado Capitán Xeneral de Aragón, Valencia e Murcia. Ao vencer ao xeneral Cabrera en Lucena, concedéuselle o título de Conde de Lucena e ascendeu a tenente xeneral.

Polas súas conviccións moderadas, tivo que emigrar a Francia, tras a revolución progresista de setembro de 1840 que provocou a renuncia de María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias (nai de Isabel II) á Rexencia.

En 1841 figura na conspiración moderada do xeneral Diego de León contra a Rexencia do xeneral Baldomero Espartero. Nela, O'Donnell recibira o encargo de alentar a sublevación militar en Pamplona, pero ao fracasar en Madrid o asalto ao Pazo Real, intentado por León o 7 de outubro, tivo que volver refuxiarse en Francia.

En 1844, estando o xeneral Ramón María Narváez no poder, foi nomeado capitán xeneral da Habana, cargo que tivo até 1848. Ao regresar á península foi nomeado Senador e director xeneral da Academia de Infantaría.

 
Mausoleo de O'Donnell (Madrid)

Dende 1853, comeza a interesarse pola política activa e en xuño de 1854, á fronte dun batallón de Infantaría e unido ao xeneral Dulce, levántase contra o goberno; este envía ao xeneral Anselmo Bleser a enfrontarse con el. O encontro tivo lugar en Vicálvaro e tras un combate simulado (coñécese como la Vicalvarada), ámbolos dous militares retiráronse, quedando a espera, ata que o 7 de xullo publicouse o Manifesto de Manzanares, redactado por Antonio Cánovas del Castillo, que atraeu ao seu bando a gran parte do exército. Co triunfo revolucionario, Espartero é nomeado Presidente do Consello de Ministros e O'Donnell ocupa o Ministerio da Guerra.

Nas novas Cortes formarase un novo grupo político coñecido como Unión Liberal. Partido co que se tratarán de unir moderados e progresistas.

Tras a caída de Espartero en xullo de 1856, sucedeuno O'Donnell formando un goberno que duraría até outubro de 1857, ano en que sería substituído por Narváez.

Volve ao poder en xullo de 1858. Durante este goberno declara a guerra a Marrocos (Guerra de África) o 22 de outubro de 1859, e O'Donnell colócase ao mando das tropas, ocupando Tetuán. O Tratado de Tetuán, que puxo fin a guerra, recoñeceu as posicións españolas no norte de África e ampliou o territorio de Ceuta. A vitoria valeulle o título de Duque de Tetuán con Grandeza de España.

Gobernou até febreiro de 1863, cando por presións do Partido Moderado presentou a súa dimisión, sendo substituído por Narváez.

Tras deixar o goberno, O'Donnell marcha a Biarritz onde morre o 5 de novembro de 1867.

Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Baldomero Espartero
Leopoldo O'Donnell
Precede a:
Ramón María Narváez
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Francisco Javier de Istúriz
Leopoldo O'Donnell
Precede a:
Manuel Pando Fernández de Pineda
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Ramón María Narváez
Leopoldo O'Donnell
Precede a:
Ramón María Narváez
Presidente do Goberno de España
  1. 1,0 1,1 Coogan, Tim Pat (2001). Wherever Green Is Worn: The Story of the Irish Diaspora. New York: Palgrave. p. 67. ISBN 0-312-23990-4. 

Véxase tamén

editar