Universidade de Alcalá
A Universidade de Alcalá (UAH, en castelán: Universidad de Alcalá) é unha universidade pública española con sede en Alcalá de Henares, na Comunidade de Madrid. Tamén ten campus en Guadalaxara.
As súas orixes atópanse na histórica universidade de Alcalá, a Universidade Cisneriana, fundada polo Cardeal Cisneros en 1499. A universidade pechouse en 1836 e os seus estudos trasladáronse a Madrid. A actual universidade de Alcalá fundouse en 1977.


Centros
editar- Escola de Arquitectura
- Escola Politécnica Superior
- Facultade de Bioloxía, Ciencias Ambientais e Química
- Facultade de Ciencias Económicas, Empresariais e Turismo
- Facultade de Dereito
- Facultade de Educación
- Facultade de Farmacia
- Facultade de Filosofía e Letras
- Facultade de Medicina e Ciencias da Saúde
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade de Alcalá |