Juan Zavala de la Puente

militar e político español

Juan Zavala de la Puente (ás veces Juan de Zavala ou Juan Zabala), nado en Lima (Perú) o 27 de decembro de 1804 e finado en Madrid o 29 de decembro de 1879, foi un militar e político español. Conde de Paredes de Nava e Marqués de Sierra Bullones, foi Presidente do Goberno de España en 1874.

Juan Zavala de la Puente
Nome completoJuan de Zavala y de la Puente
Nacemento27 de decembro de 1804
Lugar de nacementoLima
Falecemento29 de decembro de 1879
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña e Perú
Ocupacióndiplomático, militar, ministro e político
PaiPedro José de Zavala, 7th Marquis of Valleumbroso
IrmánsAna Zavala de la Puente
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Cruz Laureada de San Fernando e Gran Cruz de la Orden de San Hermenegildo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Logo da declaración de independencia do Perú regresou á Península Ibérica, ingresando na carreira militar. Participou durante a Primeira Guerra Carlista no bando leal a Isabel II. Foi comisionado por Baldomero Espartero para preparar o Convenio de Oñati, que, posteriormente, asinarían o propio Duque de la Victoria e máis o xeneral carlista Rafael Maroto, pondo fin á guerra. Ao longo da guerra, Zavala ascendeu ata o grao de tenente xeneral.

Durante o reinado de Isabel II, foi un dos xenerais que participaron, con Leopoldo O'Donnell ao mando, na guerra de África, obtendo méritos que lle valeron o marquesado de Sierra Bullones. Foi ministro de Mariña nos gobernos da Unión Liberal. En 1874, no ano final do Sexenio Democrático, na República Unitaria, da que o xeneral Serrano era o home forte, nomeou D. Juan Zavala como Presidente do Consello de Ministros, actuando como tal desde o 26 de febreiro de 1874, á par que seguía a ostentar o Ministerio da Guerra. Zavala foi substituído nese mesmo ano, o 13 de maio, por Sagasta.


Predecesor:
Francisco Serrano
  
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1874
Sucesor:
Práxedes Mateo Sagasta

Véxase tamén editar

Outros artigos editar