Carlos Sobrino Buhigas
Carlos Sobrino Buhigas, (de nome artístico Carlos Sobrino) nado en Pontevedra o 18 de marzo de 1885 e finado en Vigo o 4 de decembro de 1978, foi un pintor galego, irmán do naturalista e arqueólogo Ramón Sobrino Buhigas.
(1929) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1885 Pontevedra, España |
Morte | 4 de decembro de 1978 (93 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Alumnos | Ángel Lemos e Silverio Rivas |
Familia | |
Pai | Luís Sobrino Rivas |
Irmáns | Ramón Sobrino Buhigas |
Parentes | Fernando Campo Sobrino, curmán entregue Enrique Campo, curmán entregue Carlos Sobrino Rivas, tío |
Traxectoria
editarFillo de Luís Sobrino Rivas, dunha familia acomodada, de longa tradición artística na que destacou o pintor Enrique Campo do que era curmán.
De novo quixo estudar na Academia de San Fernando de Madrid. Por decisións familiares estudou Comercio. Oposita a cátedras de Debuxo e Caligrafía desta modalidade e obtén o número un. Comparte a carreira con estudos de Belas Artes, baixo a dirección do pintor Alejandro Ferrant y Fischermans.
Participa nas Exposicións Nacionais de Belas Artes, recoñecido con mencións honoríficas en 1908 e 1910. Na de 1915 consegue a terceira medalla co seu cadro «Cristo de Casal Dourado», actualmente en Buenos Aires. Un ano máis tarde outórganlle a segunda medalla na Exposición Universal de Panamá pola súa paisaxe «Calle de ciudad gallega», que é característico da súa pintura. Fixo importantes exposicións no Salón Iturrioz de Madrid (1913) e no estudio fotográfico de Sáez-Mon en Pontevedra (1917)[1].
Realiza ilustracións en xornais, revistas, libros e carteis. Viaxeiro por Galicia gusta da pedra traballada e de pintar recunchos: rúas, cruceiros, hórreos ou casas vellas. A vila mariñeira de Combarro é descrito nos seus traballos de arquitectura popular galega.
Obra
editarNa Alameda de Pontevedra deixou vinte e tres azulexos con distintas paisaxes e escenas, rurais e urbanas, pintadas en 1927 e fabricados pola empresa sevillana "Mensaque Rodríguez y la compañía de Triana". Estes mosaicos foron restaurados completamente na reforma que se fixo no contorno do parque en 2010.
"Los azulejos de la Alameda constituyen la representación perenne -y solemne- de su obra, y gracias a la preciosa cerámica vidriada de sus azulejos, la calidad traslúcida de sus colores, pasados primero a material original, y después traspuestos al azulejo, que ostenta en sí mismo una amplia tradición decorativa.Núñez Sobrino
Galería de imaxes
editar-
Praza da Leña (Pontevedra)
Notas
editar- ↑ "O pintor da romaría de Darbo" (PDF). Consultado o 27 de agosto de 2013.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barreiro, Alejandro (1917). Del arte gallego. A Coruña.
- Couselo Bouzas, José (1950). La pintura gallega. A Coruña, Porto.
- Chamoso Lamas, Manuel (1976). «Arte», en Galicia. Barcelona, Edit. Noguer.
- Filgueira Valverde, José (1981). "La pintura gallega", Galicia eterna. Vol. VI. Nauta. Barcelona.
- Gaya Nuño, J. A. (1970). La pintura española del siglo XX. Madrid, Ibérico Europea de Edic.
- Hidalgo, J. M.; et al. (1997). Artistas galegos nas coleccións de Prensa Española 1893-1936 (en bilingüe). Museo Quiñones de León. VG 930-97.
- Núñez Sobrino, Ángel (2005). "Carlos Sobrino (1885-1978), el riguroso mundo de la anotación", en Anuario Brigantino nº 28.
- Pantorba, Bernardino de (1980). Historia y crítica de las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes. Madrid.
- Pablos, Francisco (1981). Pintores gallegos del novecientos (en castelán). Fundación Barrié. pp. 120–129. ISBN 84-85858-06-9.
- ———————— (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 304–305. ISBN 84-7231-603-3.
- ———————— (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. p. 67-69. ISBN 84-95364-15-8.
- Sanchez Cantón, F. J. (1973). La exposición Carlos Sobrino 1917. En «Santander y los pontevedreses».
- Travieso Mougán, Javier. "Sobrino Buhigas, Carlos". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- Diccionario de pintores españoles contemporáneos. Madrid, Edic. Estiarte, 1972.
- VV. AA.: Un siglo de pintura gallega 1880/1980. Buenos Aires, Museo Nacional de Bellas Artes, 1984.
- Arte gallego en Caixa Galicia. A Coruña, Fundación Caixa Galicia, 1992.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Sobrino Buhigas |
Ligazóns externas
editar- Carlos Sobrino Buhigas na Colección Afundación.
- ObrasArquivado 21 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. no Museo de Belas Artes da Coruña.