Museo de Belas Artes da Coruña

museo de arte na Coruña

O Museo de Belas Artes da Coruña, de titularidade estatal e xestión transferida á Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia,[1] é unha edificación moderna que se asenta no antigo convento das Capuchinas.

Museo de Belas Artes da Coruña
CORUÑA - MUSEO BELAS ARTES - 3 PISOS.jpg
Interior do museo.
Coordenadas43°22′21.95″N 8°23′59.7″O / 43.3727639, -8.399917Coordenadas: 43°22′21.95″N 8°23′59.7″O / 43.3727639, -8.399917
PaísGalicia
CidadeA Coruña
DirectorÁngeles Penas Truque
Inauguración1995
Superficie+5.000 m2
Na rede
https://museobelasartescoruna.xunta.gal/gl
editar datos en Wikidata ]

HistoriaEditar

O museo de Belas Artes da Coruña fundouse sen sede fixa en 1922, Mediante Real Orde de 24 de marzo de 1922, baixo a dirección de Ángel del Castillo.[1] Entre o 23 de setembro de 1947 e 1995 a súa sede foi a Casa do Consulado,[2] cedida por iniciativa do pintor Fernando Álvarez de Sotomayor.[1]

O edificio actual, obra do arquitecto Manuel Gallego Jorreto inaugurouse en 1995 e recibiu o Premio Nacional de Arquitectura de España en 1997.

ColecciónEditar

Ten varias obras procedentes do Museo do Prado e do Museo Raíña Sofía,[3] pintura española e europea dos séculos XVI ao XX, e pintura galega do XIX e do XX. Expón tamén unha ampla colección de gravados de Francisco de Goya e pezas de cerámica de Sargadelos.[4]

 
Aldea galega, ca 1908. Serafín Avendaño.

Son autores presentes na colección, entre outros: Manuel Abelenda Zapata, Fernando Álvarez de Sotomayor, Pilar Álvarez de Sotomayor, Auguste Anastasi, Juan de Arellano, Francisco Asorey, Eduardo Ausió, Serafín Avendaño, Alejandro Avrillon, Luis Bagaría, Jacques-Jean Barre, Tomás Barros, Felipe Bello Piñeiro, Aureliano de Beruete, Jean Baptiste Borkens, Nicolás Borrás, Modesto Brocos, Isidoro Brocos, Jorge Cabezas Tomé, Vicente Carducho, Francisco Caro, Annibale Carracci, Jenaro Carrero, Luis Caruncho, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Manuel Castro Gil, Álvaro Cebreiro, Mateo Cerezo, Claudio Coello, Francisco Collantes, Elena Colmeiro, Manuel Colmeiro Guimarás, Imeldo Corral, Juan Correa de Vivar, María Corredoira, Xesús Corredoyra, Felipe Criado Martín, Vicente Cutanda y Toraya, María Antonia Dans, Alberto Datas, Lolita Díaz Baliño, Vicente Díaz González, Isaac Díaz Pardo, Xosé Luís de Dios, Manuel Domínguez Sánchez, Domenico Duprá, Anton van Dyck, Antonio María Esquivel, Antón Faílde Gago, Virxilio Fernández, Antonio Fernández Gómez, José Fernández Sánchez, Alejandro Ferrant Fischermans, Dionisio Fierros, Govaert Flinck, Plácido Francés y Pascual, Frans Francken II, José Frau, María Victoria de la Fuente Alonso, Elena Gago, Pepe Galán, Mariano García Patiño, Isidoro Garnelo Fillol, José Giménez Fernández, Luca Giordano, Roberto González del Blanco, Roberto González Fernández, Alejandro González Pascual, Cástor González Velázquez, Zacarías González Velázquez, Jacob Peeter Gowy, Francisco de Goya, Tino Grandío, Eugenio Granell, Carlos de Haes, Louis Haghe, Juan van der Hamen y León, Willem van Herp, Félix Iniesta Soto, Antonio Jaspe Moscoso, Juan de Juanes, Luis Juliá y Carrere José María de Labra, Antonio Lago Rivera, Nicolás de Largillière, Laxeiro, Francisco Leiro, Francisco Lloréns, Juan Luis López García, Vicente López Portaña, Urbano Lugrís González, Benedetto Luti, Frans Luycks, Emilio Madariaga, Federico de Madrazo y Kuntz, Mariano Salvador Maella, Cristino Mallo, Manuel Mampaso, Acisclo Manzano, Juan Martínez Abades, Serafín Martínez del Rincón y Trives, Carlos Maside, Pierre Mignard, Xulia Minguillón, Manuel Molezún, Luis de Morales, Víctor Morelli, Jaime Morera y Galicia, Luis Mosquera Gómez, Tomás Muñoz Lucena, Jano Muñoz, Ovidio Murguía, Román Navarro, Pieter Neefs el Viejo, Nicolás de Neufchâtel, Leopoldo Nóvoa, Elena Olmos Mesa, Jaime Ozores Marquina, Vicente Palmaroli, Juan Pantoja de la Cruz, Ramón Parada Justel, Reimundo Patiño, Manolo Paz, Pedro Pérez de Castro, Jenaro Pérez Villaamil, Paco Pestana, Pablo Picasso, Xoán Piñeiro Nogueira, Xoan Piñón, Julio Prieto Nespereira, Erasmus Quellinus II, Xaime Quessada, Luis Quintas Goyanes, Federico Ribas, Carlos Luis de Ribera y Fieve, José de Ribera, Silverio Rivas, Francisco Rizi, David Roberts, María Roësset Mosquera, Francesco Giovanni Romanelli, Theodoor Rombouts, Eduardo Rosales, Peter Paul Rubens, Clemente Ruta, Casimiro Sainz y Sainz, José Seijo Rubio, José Sellier, Luis Sellier, Luís Seoane, Francisco Sobrino Iglesias, Joris van Son, Joaquín Sorolla, Alfredo Souto Cuero, Arturo Souto, Guillermo Steinbrüggen Lago, Joseph Karl Stieler, Germán Taibo, Antonio Tenreiro Brochón, Theodoor Van Thulden, Manuel Torres, Luis Tristán de Escamilla, Modesto Urgell, Joaquín Vaamonde Cornide, Jesús Valverde Alonso, Mon Vasco, Manuel Vilariño, Eduardo Villardefrancos, Ricardo Villodas y de la Torre, Abraham Willemsens, Frans Ykens e Francisco de Zurbarán

 
Espazo dedicado á pintura dos séculos XVI e XVII.

O biblioteca do museo inclúe máis de 18.500 volumes impresos e un importante número de publicacións periódicas nacionais e internacionais e catálogos de poxas, entre outros materiais.

DirecciónEditar

Exerceron a dirección da institución, sucesivamente, os seguintes:

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar