Román Navarro

pintor español

Román Navarro García Vinuesa, nado na Coruña o 28 de febreiro de 1854 e finado na mesma cidade o 10 de setembro de 1928, foi un pintor e militar galego.

Román Navarro
Román Navarro García de Vinuesa.jpg
NomeRomán Navarro García Vinuesa
Nacemento28 de febreiro de 1854
 A Coruña
Falecemento10 de setembro de 1928
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Influenciado porThéodore Géricault
Mariano Fortuny
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou na Escola de Artes da Coruña, converténdose en profesor axudante en 1885. Foi redactor e ilustrador de El Domingo e El Día de Fiesta. En 1894 foi a Italia cunha bolsa da Deputación. Viaxou por Europa.

De volta a España obtivo a cátedra de Debuxo da Escola de Artes de Barcelona, que un ano despois permutou con José Ruiz Blasco (pai de Pablo Ruiz Picasso) pola da Escola de Artes da Coruña, que chegaría a dirixir.

No exército, no que solicitou o retiro arredor de 1916, acadou o emprego de tenente coronel de cabalería.

ObraEditar

Posúen obras de Román Navarro, varias institucións galegas:

Galería de imaxesEditar

Baño de Cabalos, 1871-1920, Museo de Belas Artes da Coruña. 
Neno con traxe escocés, 1878-1928, ídem. 
Dalle pan ó neno (detalle), 1884, Colección Novacaixagalicia. 
Retrato do Cardeal Payá, 1885, Deputación da Coruña. 
Lanceiros da Raíña, 1900-1925, Museo de Belas Artes da Coruña. 
A Leiteira, 1923,
Colección Novacaixagalicia. 

NotasEditar

  1. Catálogo del Patrimonio Artístico de la Diputación de A Coruña, volume 1 e volume 2 (en castelán).
  2. "Fundación María José Jove". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2014. Consultado o 25 de maio de 2014. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar