Xosé Luís de Dios

pintor galego

Xosé Luís de Dios Martínez, nado en Ourense o 3 de febreiro de 1943 e finado o 2 de agosto de 2010 en Tui[1], foi un pintor galego.

Xosé Luís de Dios
Nacemento3 de febreiro de 1943
Lugar de nacementoOurense
Falecemento2 de agosto de 2010
Lugar de falecementoTui
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
IrmánsManuel de Dios
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Participou da creación do grupo artístico Volter, ao redor do café homónimo en Ourense, e do que tamén formaron parte Xaime Quessada e Acisclo Manzano. Realizou a súa primeira exposición en 1963. Comezou co debuxo, para pasar posteriormente ao cartelismo e a publicidade. Realizou exposicións por toda Galicia, Madrid (cidade onde viviu moitos anos), Barcelona, Buenos Aires, Cidade de México ou Río de Xaneiro. As obras caracterízanse polas cores vivas e un elevado grao de abstracción. A súa última exposición tivo lugar en 2008. Os últimos anos da súa vida pasounos en Tui.

Persoal Editar

Era irmán do compositor Manuel de Dios. Faleceu dun aneurisma.[1]

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar