Xaime Quessada
Xaime Quesada Porto, coñecido artisticamente como Xaime Quessada, nado en Ourense o 14 de xullo de 1937 e finado en Vilar de Astrés o 30 de decembro de 2007[1], foi un pintor, escultor e escritor galego. É irmán do debuxante Fernando Quesada.
Xaime Quessada | |
---|---|
Nacemento | 1937 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Falecemento | 30 de decembro de 2007 |
Lugar de falecemento | Vilar de Astrés |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Escola de Artes e Oficios de Ourense e Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Ocupación | pintor, escultor e escritor |
Fillos | Xaime Quesada Blanco |
Irmáns | Fernando Quesada e Antonio Quesada |
Coñecido por | Dorna (escultura) |
Premios | Medalla Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria artísticaEditar
Formouse na Escola de Belas Artes de San Fernando, en Madrid. Nos anos cincuenta frecuenta o grupo de artistas ourensáns nucleados ao redor do Café Volter, denominado Os Artistiñas por Vicente Risco (formado por Arturo Baltar, Xavier Pousa, Virxilio, Xosé Luís de Dios, Acisclo Manzano e Buciños). Obtén a medalla de ouro na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1959. Trasládase a vivir a París en 1962, e posteriormente móvese a Estados Unidos, onde traballa na década dos oitenta para a Unesco como artista nun proxecto sobre o Quixote.
Nas súas obras destacan as referencias mitolóxicas, as figuras naturalistas moi coridas, e os corpos esvaídos. Son constantes os motivos e cadros inspirados en Goya (como a súa serie negra) e máis en Picasso, con numerosas versións do Guernica e do minotauro.
Exposicións e obrasEditar
Os seus murais e lenzos de gran tamaño están presentes en moitas pinacotecas europeas, como o Museo Nacional de Arte Moderna de México, o Museo do Pobo Galego, ou o Museo da Habana. Tamén ten obras como os teitos do Teatro Principal de Ourense, no Parlamento de Galicia e diversas esculturas públicas na cidade de Ourense ou a súa dorna homenaxe ao camiño de Santiago na cidade de Pontevedra.
Tamén realizou escenografías e vestiarios para montaxes teatrais, así como diversas ilustracións para libros.
Obra literaria en castelánEditar
NarrativaEditar
- El recristo del Baraña: trágica y singular historia, La galería Novecento, 1981.
- Lucenza, Sotelo Blanco, 1989 (prólogo de Manuel Vázquez Montalbán).
- Cuentos crueles, Ronsel, 2005.
Obra escrita en galegoEditar
ConversasEditar
- Conversas con Xaime Quessada, de Olegario Sotelo Blanco, Sotelo Blanco, 1991.
Datos persoaisEditar
O seu fillo, Xaime Quesada Blanco, tamén foi pintor. Xaime Quessada foi soterrado no camposanto de Señorín.
Foi un coñecido militante da UPG e posteriormente do Partido Comunista de Galicia en Ourense.
PremiosEditar
- Medalla Castelao en 2004.
- Premio da Crítica Galicia 2008 na categoría de "Ciencias e Artes da Representación".
- Fillo predilecto da provincia de Ourense a título póstumo (2009).
NotasEditar
- ↑ Morre ós setenta anos o creador Xaime Quessada Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Galicia Hoxe
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xaime Quessada |
BibliografíaEditar
- Conversas con Xaime Quesada, Olegario Sotelo Blanco, 1991