Xaime Quesada Blanco

pintor galego (1975-2006)

Xaime Quesada Blanco, nado o 20 de decembro de 1975 en Ourense e finado o 21 de xuño de 2006 en Vilar de Astrés, Ourense, fillo do tamén pintor Xaime Quessada e da arquitecta María Xesús Blanco, foi un dos grandes representantes da plástica galega de principios do século XXI, malia a súa curta vida.

Infotaula de personaXaime Quesada Blanco
Biografía
Nacemento20 de decembro de 1975 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xuño de 2006 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista , pintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiXaime Quessada Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

De formación en Belas Artes pola escola madrileña de San Fernando, expuxo en Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense (tanto no Museo Municipal coma no Centro Cultural da Deputación), Vigo e tamén noutros países europeos coma Suecia, Alemaña ou Noruega. Sempre apoiado pola familia, e coa experiencia que lle transmitiu o pai, Xaime Quessada, o mozo pintor galego deixou un legado de interese para a pintura do país.

Autor de numerosas obras pictóricas, aínda que tamén escultóricas e muralistas, probou a revitalizar técnicas coma o construtivismo e o expresionismo abstracto sen deixar de empregar xeitos novos de traballo coma os dixitais. Díxose amante da arte e amosouse como un grande ilustrador de cores, máis que de ideas ou grandes temas. Apostou tamén pola seriación nos seus cadros, e sinalou en diversas ocasións como mestres os rusos Kandinski e a Vassareli.

Faleceu dun derramo cerebral na súa casa familiar de Vilar de Astrés e foi soterrado no camposanto de Señorín, no Carballiño.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar