Os Artistiñas
Os artistiñas, tamén coñecidos como Grupo Volter, foi un grupo de artistas galegos formado na cidade de Ourense en 1963.[1]
O nome do grupo foi idea do intelectual ourensán Vicente Risco, que denominou deste xeito ó grupo de artistas que frecuentaban o bar do Tucho, que o mesmo Risco decidiu rebautizalo como "O´Volter", en recordo ó afamado Cabaret Voltaire de Zürich (Suíza),[2] no que se reunían artistas da vangarda europea, naquela época representados polos surrealistas.
Membros
editarO Grupo estaba formado por sete artistas, entre eles os escultores Acisclo Manzano, Buciños e Arturo Baltar, e os pintores Xaime Quessada, Xosé Luís de Dios, Virxilio e Xabier Pousa. Tamén estiveron vinculados ó grupo os pintores Enrique Ortiz Alonso, Prego de Oliver, Vidal Souto e Alexandro.
Características
editarConseguiron renovar a arte galega da época, estancada no folclorismo, a través das distintas vangardas europeas existentes dende principios do século XX, como o cubismo ou a abstracción.[3]
O´Volter (Bar do Tucho)
editarSituado na praza Eirociño dos Cabaleiros, na zona antiga de Ourense, foi rexentado por Vicente Fontenla, Tucho.[4] Dende 1963 foi o punto de reunión de artistas e intelectuais da época, e entre a súa clientela cabe destacar ós escritores e poetas Celso Emilio Ferreiro, Méndez Ferrín, Carlos Casares, Millán Picouto, Julito Losada; os escultores Failde, Ignacio Basallo e Baldomero Moreiras; o médico Conde Corbal; o xornalista Luís Trabazo; o historiador Xesús Ferro Couselo; o empresario Augusto Valencia e diversos ourensáns con inquedanzas.
O Volter pechou as súas portas en 1985[5] e o edificio foi derrubado a finais dos anos noventa.[6]
Notas
editar- ↑ Ourense ultima los preparativos del primer homenaje a siete artistas del 'grupo Volter' Agencias, La Región, 29/03/2008 (en castelán).
- ↑ La República de 'Os artistiñas' Huete, Cristina: El País, 15/04/2008.
- ↑ Fallece Xosé Luis de Dios, uno de los renovadores del arte gallego en los 70 La Opinión A Coruña, 03/08/2010 (en castelán).
- ↑ Lembranzas lonxanas de Vicente Risco e o referente de 'O Volter' Ramos, Fernando: La Región, 17/11/2017.
- ↑ La tasca de la intelectualidad Huete, Cristina: El País, 14/04/2010.(en castelán).
- ↑ Hemeroteca: El Concello de Ourense exigió medidas de seguridad para demoler O Volter La Voz de Galicia, 1999 (en castelán).
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ourense |
Bibliografía
editar- Tros de Ilarduya, Sofía (1998). O'Volter: encrucijada cultural de los sesenta. Barcelona: Ronsel. ISBN 8488413823.
- Almeida Rebollo, J. Alberto (2009). O'Volter: fragmentos para a memoria. Allariz, Ourense: J.A. Almeida. ISBN 9788461308231.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- "O bar do Tucho (O´VOLTER) e os ARTISTIÑAS". ivoox. (2013).
- Unhas fotos do Volter para lembrar aquela República. Blog de Ana B. Bande. (17/04/2008).