Manuel Prego de Oliver

pintor galego

Manuel Prego de Oliver, nado en Ourense o 1 de abril de 1915 e finado na mesma cidade o 28 de abril de 1986[1][2][3], foi un pintor galego próximo ó expresionismo[4][5].

Manuel Prego de Oliver
Nacemento1 de abril de 1915
Lugar de nacementoOurense
Falecemento28 de abril de 1986
Lugar de falecementoOurense
SoterradoCemiterio de San Francisco de Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
MovementoExpresionismo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Exerceu durante uns anos o maxisterio, mais trala guerra civil española foi depurado e apartado da docencia[4][6][7][8]. Cambiou o maxisterio pola súa outra vocación, a pintura, converténdose no seu medio de vida[6][7][9], pasou algunhas dificultades económicas que foi resolvendo mediante encargos de compromiso que lle proporcionaron recursos e lle permitiron seguir avanzando nos estudos artísticos[8]. Expuxo con éxito en Madrid no ano 1941 iniciando a súa faceta de investigador plástico e de afervoamento creativo[2][8]. Fixo ilustracións para o xornal ABC ou para a revista Blanco y Negro[10]. Ilustrou libros, como Merlín e familia ou As crónicas do sochantre de Cunqueiro[11]. Asistiu decote ós faladoiros ourensáns e retratou a moitos dos asiduos, acudiu xunto a outros persoeiros como Castelao, Vicente Risco, Ferro Couselo, Cuevillas, Arturo Baltar, García-Sabell, Torrente Ballester ou Paz Andrade[7][9]. Tras unha primeira etapa indagatoria, que coincide co fin da guerra civil, comeza o período no que se consagra ás cores terrosas, tendendo ó monocromático e a un granulado forte e vibrante. Esta etapa remata na década de 1980 cando se aprecia un xiro de depuración e finura harmónica[10].

Notas editar

  1. Rozas, M. (2011), p. 95
  2. 2,0 2,1 "As cartas de Luís Seoane a Manuel Prego de Oliver". Consello da Cultura Galega. Consultado o 10-12-2016. 
  3. "Manuel Prego de Oliver Artista". Arteinformado. Consultado o 10-12-2016. 
  4. 4,0 4,1 Paz, José (9-4-2011). "Prego, a pincelada emocionada". La Región. Consultado o 14-12-2016. 
  5. Castro, X. A. (2011), p. 19
    Pero a posición xeracional de Prego e a súa maneira de afronta-la pintura, nunha dinámica que poderíamos chamar, nos anos cincuenta, expresionista, permiten que o enmarquemos na primeira xeración de posguerra, que dota de continuidade histórica, no contexto do que antes de 1936 se chamou renovación, ós realismos e ós seus compromisos con Galicia.
  6. 6,0 6,1 Rozas, M. (2011), p. 7
  7. 7,0 7,1 7,2 Rodríguez, Xosé Manoel (21-2-2012). "Ourense reivindica a Prego de Oliver con una gran antológica". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10-12-2016. 
  8. 8,0 8,1 8,2 ines (26-9-2016). "Prego Oliver, Manuel (1915 - 1986)". Lembranzas1 (en castelán). Consultado o 10-12-2016. 
  9. 9,0 9,1 "Manuel Prego de Oliver e Gómez del Valle". Wikiloc. Consultado o 10-12-2016. 
  10. 10,0 10,1 Pozuelo, Abel H. (1-2-2007). "En recuerdo de Manuel Prego". El Cultural (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20-12-2016. Consultado o 10-12-2016. 
  11. Fraga, Xesús (14-6-2006). "Una retrospectiva reivindica el legado del pintor Prego de Oliver". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21-12-2016. Consultado o 15-12-2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar