Arturo Baltar
Arturo Baltar Santos, nado en Quintás da Barra (Coles)[1] en 1924 e finado en Cachamuíña (O Pereiro de Aguiar) o 18 de decembro de 2017[2], foi un escultor galego.
Arturo Baltar | |
---|---|
Nacemento | 1924 |
Lugar de nacemento | A Barra |
Falecemento | 18 de decembro de 2017 |
Lugar de falecemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Escola de Artes e Oficios de Ourense |
Ocupación | escultor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Autor de esculturas sobre arxila, comezou modelando pequenas pezas ou conxuntos delas, anticipo dos complexos retablos que había de realizar máis tarde, con escenas imaxinarias ou vividas, relixiosas ou profanas. Peregrinos, esmoleiros, cantores de "panxoliñas", son o seu mundo. A súa escenografía policromada, en beléns, boticas, tabernas, altares etc. foi a súa obra máis característica, entre a que destaca o belén de Baltar, conxunto de figuras de temática de Nadal que continúa en proceso de creación ao longo dos anos. Está representado en museos de toda Galiza e en importantes coleccións institucionais e particulares.
Notas Editar
- ↑ "«Durante a guerra era o neno que ía no enterro dos mortos do hospital»". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-07-23. Consultado o 2017-12-21.
- ↑ López, Belén: "Fallece el escultor Arturo Baltar" Faro de Vigo, 19/12/2017.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arturo Baltar |
Bibliografía Editar
- Trabazo, Luís: Pedra, barro, bronce. Ourense, Inst. de Estudos Ourensáns, 1978.
- Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
- Pablos, Francisco: Catálogo Exposición antolóxica. Vigo, 1992.