Acisclo Manzano
Acisclo Rogelio Manzano Freire, nado en Ourense o 6 de maio de 1940, é un escultor galego.
Acisclo Manzano | |
---|---|
Nacemento | 6 de maio de 1940 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo |
Ocupación | escultor |
Premios | Premio Otero Pedrayo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou na Escola de Formación Profesional Acelerada e na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Traballou nun curto período no obradoiro de Francisco Asorey. Integrouse no grupo "O volter" con Xaime Quessada e Xosé Luís de Dios e no grupo "Sete artistas galegos", con Manuel Buciños, Arturo Baltar, Virxilio Fernández Cañedo e Xavier Pousa Carrera.
Foi medalla nacional de Arte Xuvenil e realizou exposicións individuais en España e fóra dela. No ano 2008[1] é nomeado académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes na sección de escultura.
ObraEditar
Empezou cun expresionismo de extraordinaria forza. Máis tarde foi cara a formas recluídas, vagamente figurativas. A etapa ibicenca está directamente inspirada nos restos fidianos do Partenón.
Ten ilustrado distintas obras dos escritores Luís González Tosar e Miguel Mosquera Paans.
PublicaciónsEditar
Galería de imaxesEditar
Deusa do Deza en Lalín.
NotasEditar
- ↑ Acisclo Manzano entra en la Academia de Belas Artes con el recuerdo de Quessada, La Voz de Galicia, 27/01/2008 (en castelán).
- ↑ Miguel., Mosquera Paans, ([2008]). Archivos de la memoria y el mar. Ourense: Armonía Universal. ISBN 9788493544942. OCLC 433898666.
- ↑ Región, La. "La poesía de Miguel Mosquera y la plástica de Acisclo Manzano, juntas en un poemario". La Región (en castelán). Consultado o 2018-12-10.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acisclo Manzano |
BibliografíaEditar
- Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
- Xunta de Galcia: Acisclo Manzano: as portas da luz, 2004.
- Acisclo Manzano & Xaime Quesada: Memoria e liberdade, 2000.
- Mercedes Gallego Esperanza: Acisclo Manzano, 2017.