Xavier Pousa Carrera

pintor galego

Xavier Pousa Carrera, nado en Goián, Tomiño o 13 de abril de 1931 e finado en Vigo o 8 de decembro de 2000[1], foi un pintor impresionista galego, cuxas obras plasman, principalmente, as paisaxes da contorna do Baixo Miño. Cultivou un impresionismo lírico e evocador centrado no paisaxismo, malia que tamén realizou retratos, destacando polas súas cores intensas e delicadas.

Modelo:BiografíaXavier Pousa Carrera
Biografía
Nacemento13 de abril de 1931 Editar o valor en Wikidata
Goián, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de decembro de 2000 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX945957 BUSC: pousa-xavier-1931-2000

Traxectoria

editar
 
Panel con retrato de Carballo Calero, obra de Pousa, nunha exposición co gallo do Día das Letras de 2020.

Con trece anos comezou a recibir clases do pintor Antonio Fernández Gómez, que estaba retirado en Goián, onde nacera, logo de pasar a maior parte da súa vida no estranxeiro. Pousa foi instruído durante dous anos no debuxo a lapis e carbonciño antes de comezar a pintar os seus primeiros cadros ao óleo.

Durante os anos seguintes, viaxa por España ollando a obra de artistas como El Greco, participando en varios concursos e certames artísticos, ata que recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra e do concello de Tomiño, grazas ás cales marchou estudar arte a Madrid. En 1951 ingresa na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando, asistiu a clases no Círculo de Bellas Artes, e organizou, xunto con Francisco Góngora, unha exposición de pintura en Madrid, e outra en Pontevedra.

Tras unha viaxe a Francia, en 1953 recibe o Premio Carmen del Rocío, e partirá a Italia para coñecer a obra dos grandes mestres do Renacemento, e tamén aos Países Baixos e outros países para observar as obras flamengas. Remata os seus estudos en 1956, e en 1963, expón en Ourense, onde coñece a Carmela, a súa futura muller.

Tras moitos anos de viaxes e exposicións, formou parte dun grupo de artistas que Vicente Risco denominou Os Artistiñas (a comezos dos anos 60), foi membro do xurado na Bienal de Pontevedra, estivo no comité asesor de arte de Caixavigo (institución á que fixo importantes doazóns), e en 1996 foi elixido académico da Real Academia Galega de Belas Artes.

  1. de San Ildefonso Rodríguez, B.: "Xavier Pousa Carrera", no Diccionario Biográfico Español.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar