Vidal Souto
pintor galego
José Manuel Vidal Souto, nado en Ourense o 6 de abril de 1948 e finado na mesma cidade o 25 de marzo de 2021,[1][2] foi un pintor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1948 Ourense, España |
Morte | 25 de marzo de 2021 (72 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Traxectoria
editarDe formación autodidacta. En 1970 pinta e fai escultura en pedra e fariña de millo. Marchou a Madrid onde compaxinou boxeo e pintura. Despois viaxou con frecuencia ao Brasil. En Pernambuco aproximouse á pintura testemuñal e no taller de Arte Moderna de Salvador de Baía experimentou coa xilografía. Pertenceu ao grupo Os Artistiñas de Ourense. Ten obra no Museo de Castrelos, Casa de Galicia de Madrid, Museo Municipal de Ourense. Fixo murais en Manaus (Brasil) e no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- "Vidal Souto, José Manuel". Dicionario biográfico de Galicia III. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 307.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
editar- Vidal Souto na Colección Afundación.
- Vidal Souto na Galería de arte Visol (en castelán).
- Bibliografía sobre Vidal Souto en pintoresgallegos.com